O 23 de setembro comezou o outono e os nenos e nenas de Infantil comezamos a elaborar a decoración da aula para esta estación.
Pintamos follas para poñer na árbore que hai na entrada do colexio, ademais de traballar en equipo para decorar animais, erizos e esquíos, con follas que previamente recollemos no patio do colexio (follas e castañas).
Ademais os nenos e nenas de primaria elaboraron uns carteis de benvida que puxeron na árbore.
Tamén decoramos unha das nosas portas e para iso pintamos con témperas un debuxo xigante. Encantounos como quedou!!!
E este foi o resultado final!!
A semana pasada fixemos as nosas botellas da calma para eses momentos da xornada nos que ao mellor estamos algo nerviosos ou nerviosas e necesitamos tranquilizarnos.
Para iso necesitamos:
- Unha botella de auga pequena de plástico que estea baleira.
- Auga
- Aceite corporal para bebés
- Purpurina
- Colorante alimentario
- Elementos brillantes
Para a súa elaboración primeiro botamos auga, enchendo máis da metade da botella, e de seguido unha gotas de aceite corporal para bebés. A continuación, cada un escolleu de qué cor quería que fose a auga (amarela, vermella ou azul) para botarlle unhas gotiñas de colorante alimentario, a cor da purpurina (rosa, verde, azul ou dourada) e os elementos brillantes (abelorios azuis, verdes ou de colores variados).
Encantounos facelas e os maiores axudaban aos máis pequenos.
Cando xa tiñamos tódolos elementos dentro da botella só nos quedaba axitar. E este foi o resultado.
Xa temos rematado o noso panel de normas. Cada día fomos coñecendo unha norma ata completalo.
Xa as sabemos todas. Agora, a cumplilas!!!
Inauguramos este blog de Infantil dos peques de A Laxe co primeiro día do curso, e para algúns/algunhas dunha nova etapa, que estará cheo de aventuras e no que faremos novas amizades.
Os nenos e nenas de 3 anos e unha nena de 5 anos estiveron un ratiño no que pudieron coñecer ós seus compañeiros/as e a súa aula.
Os seus compañeiros/as de 4 e 5 anos foron uns perfectos anfitriones e déronlles unha estupenda acollida.
Seguiremos amosando a nosa andaina!!!