Iniciar sesión: Acceso

HOXE IMOS TRABALLAR...

    Ola!!!

    Hoxe imos facer unhas sumas. Deixo unha foto cun material que podemos elaborar facilmente na casa e que nos permite facer as sumas de forma manipulativa e tamén repasar a grafía dos números. Aos nenos e nenas de 4 e 5 anos lles dicimos os números das sumas para que eles os escriban, e aos de 3 anos tamén podemos facelo para que o intenten, pero senón llos escribimos nós. Despois poñemos nos recadros tantos obxectos como nos indica o número e facemos a suma.

   

   Outra tarefa que podemos facer é a de debuxar sombras. Aproveitando que hoxe temos un día de sol, collemos unha folla en branco e colocamos un obxecto enriba dela de tal forma que vexamos a sombra na folla. Cun lapis marcamos a silueta da forma e despois rematamos o debuxo como máis nos guste: engadíndolle complementos, pintándoa... O que a nosa mente creativa nos suxira.

   Deixo tamén un vídeo cunha canción de inglés.

   Por último, poño o enlace a un vídeo onde se nos mostra como facer un pequeno experimento só con auga e papel de cociña. Xa me contaredes se vos saiu.

   https://www.instagram.com/p/B9a-5xgjOxp/?igshid=ib3grus9goxc

   Ánimo!!

   Un bico enorme.