Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS COAS PROPOSTAS

   Bos días!!

  Como estades? Hoxe imos traballar un pouco de lecto- escritura e conciencia fonolóxica.

   As nenas e nenos de 4 e 5 anos buscarán en revistas, xornais, folletos de propaganda ou calquera outro tipo de material similar que teñan pola casa palabras que comecen pola letra A, B, C e así sucesivamente (non hai que facelo hoxe con tódalas letras, é un traballo que se pode facer cada día un pouquiño). Despois leremos a palabra, a recortamos e a pegamos nunha folla en branco, para logo contar as súa sílabas dando palmadas (como cando o facemos cos  tarros de sílabas que temos na aula) e apuntamos o número ó seu lado.

   Se non temos ese material, o que se pode facer é pensar unha palabra que empece por esa letra e escribila.

   Os nenos e nenas de 3 anos fan esta tarefa só coas vogais e precisan máis da nosa axuda. No caso de non ter xornais e demais materiais o que se pode facer é que as familias lles escriban nunha folla varias palabras que comecen pola A, E, etc. e que eles busquen a palabra que empece pola vogal que nós lle indicamos (ou como lles digo eu, que palabra ten a A de primerita?). Despois deben formar esa palabra pegando cada unha das letras que a compoñen, dicindo que letra é. Para finalizar contarán cantas letras ten cada palabra.

    Despois podemos facer unha manualidade usando rollos de papel hixiénico. Xa que nestes momentos que estamos a vivir son os médicos, enfermeiras, repartidores, policías, persoal de supermercado os que están loitando para acabar con este virus, salvar ás persoas e que teñamos os produtos básicos, podemos facer un boneco representando algunha desas profesións e así dámoslles dalgunha forma as grazas (como cando saímos ás 8 da tarde a aplaudir).

   

      Como proposta de inglés hoxe vos deixo unha aplicación para practicar as letras: KIDS PRESCHOOL LEARN LETTERS

    

   E por último póñovos un corto para traballar valores: EL VALOR DE COMPARTIR. 

    Bótovos moito de menos!! Pero xa queda menos para vernos. 

   Mándovos un bico enorme.