Iniciar sesión: Acceso

CELEBRAMOS O DÍA DO AMOR

   O venres 14 de febreiro os nenos e nenas de infantil celebramos o día do amor. 

   Primeiro elaboramos entre todos un cartel con corazóns cos nosos nomes e cunha frase de amor que utilizamos de photocall para sacar unha fotos moi especiais, xa que somos un grupo moi unido no que nos queremos moito. Ata a mestra recibiu o seu abrazo!!!

   

                                          

                                                   

   

   Ademais tamén elaboramos unhas postais con mesaxes de amor para as nosas familias. Para iso primeiro tivemos que facer moitas boliñas de cores, aínda que traballando en equipo todo é moito máis sinxelo. 

   Despois pegamos as boliñas formando un corazón na portada da tarxeta e escribimos as mensaxes en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Quedaron fermosas!!!