Ola familias!!!
Esta semana demos a benvida ao outono e varias das propostas estiveron relacionadas con esta estación.
No recuncho de lectoescritura os peques de 3 tiñan que identificar o seu nome e despois buscar as letras nunha bandexa con arroz de cores para poder formalo. Fixérono xenial!!!
Os peques de 4 e 5 anos formaron palabras relacionadas co outono. Así escollían un bote cunha imaxe na tapa e coas letras que había no seu interior formaban o nome desa imaxe, pero tiñan que traballar coas mans porque as letras había que insertalas nun limpapipas marrón.
Ademais os nenos e nenas de 5 anos comezaron a familiarizarse coa escritura do seu nome en minúscula repasando cun rotu máxico o seu nome nesta grafía.
No recuncho da mesa sensorial a proposta consistía en coller cunhas pinzas elementos do outono e clasificalos nuns bols, ademais despois puideron contalos e deixar rexistro diso.
En lóxica matemática traballamos a seriación facendo colares seguindo un patrón. E canto traballaron as nosas mans!!
Ademais xa comezamos co proxecto do cole "Viaxando polo mundo: Asia". A nós tocounos coñecer China, país do que aprenderemos moito para ao final de curso poder contarlle todo o que sabemos ao resto dos compañeiros/as do cole, o mesmo que faran eles/elas co país que lle tocou.
Nesta sesión pintamos un fondo azul, que será? E fixemos unha frecha.
Na actividade de arte tiñamos que decorar un caracol poñendo gomets vermellos e amarelos seguindo unha secuencia e facer grafismos no seu corpo.
Ademais preparamos o fondo desta obra estampando rolos de papel hixiénico ata encher toda unha cartolina branco. E que cores usamos? Pois cores de outono: amarelo, laranxa e marrón.
E ao final da semana empezamos a familiarizarnos cos xogos de mesa, nesta ocasión co Speed Cups, co que traballamos a atención e por suposto sempre respectando as regras do xogo e o ritmo e nivel de cada un/unha.
A vindeira semana moito máis!!!