Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Proxecto E-LBE: Os libros sen tinta |
Dende o curso 2013-2014, a nosa biblioteca escolar conta coa posibilidade de ofertar libros electrónicos aos seus usuarios. Comezamos con tres e agora xa temos sete libros. Ao principio do proxecto E-LBE, os libros electrónicos permanecían nas titorías. Neste curso académico 2015-2016, o alumnado terá a posibilidade de utilizar os ebooks na propia biblioteca do centro en dúas situacións ben diferentes: na hora de biblioteca co seu titor ou só a partir de terceiro de primaria na hora do recreo. Na nosa biblioteca Plambe os verdadeiros protagonistas son os alumn@s colaboradores. Como xa sabedes realizan tarefas propias de bibliotecari@s. Unha das súas funcións é a de xestionar o uso e estado dos libros electrónicos na hora do recreo. Estas son as súas funcións:
Seguide atentos e atentas a noso blogue para seguir as novidades en libros electrónicos!!!!!!!!!!
|
Aberto o prazo de inscricións para as Olimpíadas do saber |
Última semana para inscribirse ás Terceiras Olimpíadas do saber. NON AS DEIXES PASAR!!!!!!!!! |
Horario da biblioteca |
A nosa biblioteca ten un horario moi amplio. Queremos que poidas visitala sempre que queiras. Os horarios da biblioteca son os seguintes:
Horario xeral initerrumpido de 9:35 a 14:35 Visitas do alumnado cos seus titores
Horario de recreo de 12:20 a 12:50 Alumnado de primaria baixo a supervisión dunha mestra da biblioteca e catro nen@s colaborador@s
Horario de tarde de 16:00 a 18:00 Todos os días da semana excepto os martes
Como xa dixemos en moitas ocasións, o alumnado colaborador é o corazón da biblioteca do colexio. Eles e elas realizan gran parte do traballo da biblio e axudan a que todo funcione. Este é seu horario de gardas de biblioteca: |
Olimpíada do saber |
Pregunta desta semana: QUE FILME INFANTIL GALEGO FOI A PRIMEIRA PELÍCULA DE ANIMACIÓN EN 3-D FEITA EN EUROPA? |
Visita de Paco Nogueiras |
Hoxe as nenas e os nenos de Educación Infantil recibiron con gran sorpresa ao contacontos de Kalandraka Paco Nogueiras. O famoso contacontos realizou unha maxistral actuación tocando varios paus literarios: a poesía, a lectura de contos e a canción. Entre os contos que se escoitaron estaban:
Despois de máis dunha hora de actuación, Paco foi despedido cun gran aplauso de todas as nenas e nenos de infantil e mais do profesorado alí congregado. |
Recursos na rede | |
Apadrinamentos lectores | |
Olimpíada do saber: pregunta número 1 |
|
Olimpíada do saber |
Hoxe toca responder esta incógnita: COMO SE CHAMA O GRUPO DE MÚSICA GALEGA CREADO O CURSO PASADO EN ORTIGUEIRA POR ALUMNOS QUE ESTABAN EN 6º DE PRIMARIA?
|
Olimpíada do saber |
Nova pregunta a responder atentos que aí vai: CAL É O NOME DO XOVEN DEBUXANTE DE CÓMICS DE COUZADOIRO?
|
Novo recuncho de libros electrónicos |
Dende fai unha semana contamos na biblioteca do colexio cun novo recuncho de lectura, ocupado por libros electrónicos. Os ebooks estarán dispoñibles para todo o alumnado de primaria do centro. Serán @s titores, o profesorado da biblioteca e o alumnado colaborador, os encargados de xestionar e organizar o seu uso nas diferentes situacións nas que se utilizarán. Se eres alumn@ de entre terceiro e sexto de primaria poderás utilizar os libros electrónicos na hora do recreo. Busca a un compañeir@ colaborador da biblioteca e pídelle un exemplar, eles explicaranche o seu uso e axudaranche no que necesites. Contamos cunha gran variedade de volúmenes para todos os gustos. Nembargantes, estaremos encantad@s de escoitar as vosas propostas.
Esperamos que os disfrutedes!!!!!!!! |
Olimpíada do saber: pregunta número 3 |
|
Olimpíada do saber: pregunta número 2 |
|
Formación para os colaboradores da biblioteca |
Hoxe na hora do recreo, o alumnado colaborador da biblioteca realizou unha pequena sesión de formación, impartida polo profesorado do equipo de biblioteca. A primeira parte da sesión dedicouse a un concepto moi concreto: O VOLUNTARIADO. Tod@s el@s son voluntari@s xa que responderon activamente á chamada dunha organización (equipo de biblioteca) para a participación dun proxecto (proxecto Plambe), sen recibir remuneración económica e comprometéndose cunhas tarefas, funcións e uns horarios. Para aclarar estas cuestións, realizouse o visionado de dous vídeos sobre o tema que de seguido vos deixamos (PREME NO TEXTO): ES TÚ MOMENTO. HAZTE VOLUNTARIO
A segunda parte da sesión adicouse á formación sobre a xestión, coidado e utilización dos libros electrónicos da biblioteca. |
A nosa biblioteca |
O noso centro conta cunha biblioteca PLAMBE, isto é que está inscrita no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Por iso, un grupo de profesoras e profesores apaixonad@s, traballan dende o ano 2012 para mellorar o servizo da biblioteca do centro. A nosa biblioteca conta cun mostrador e unha zona cunha pizarra dixital para o uso de todo o alumnado, dende infantil a primaria. Noutra das zonas da nosa biblioteca, o alumnado pode ler comodamente os seus libros preferidos. Os fans da banda deseñada están de sorte xa que a nosa biblioteca conta cun recanto destinado a este estilo. Para estar ao día das cousas que pasan no mundo e poder facer a súas investigacións, o alumnado conta con dous ordenadores de sobremesa.
|
Semana da prensa |
O vindeiro venres 18 de marzo, celebrarase na Fundación Ortegalia, unha charla informativa titulada "Semana da prensa na escola". A charla corre a cargo da concelleira de Patrimonio Vanesa Trevín. Poderán desfrutar do evento o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria. A actividade está xestionada por profesorado do equipo de biblioteca do centro. |
Comeza a Olimpíada do Saber |
O vindeiro luns 11 de xaneiro comezan as Terceiras Olimpíadas do saber. CONTESTA XA Á PRIMEIRA PREGUNTA!!!!!!!!! |
Revista literarias infantís | |
Premios e concursos |
SEGUE DE PRETO OS DIFERENTES CONCURSOS QUE IMOS PREPARAR AO LONGO DO CURSO |
Ortiarte |
ORTIARTE é unha exposición de todo o traballo no cole con respecto á temática establecida no Proxecto Documental Integrado que este ano era sobre a arte.
|
mes da poesía | |
Prensa na Escola |
A semana pasada o alumnado de cuarto, quinto e sexto do colexio tiveron a oportunidade de asistir á charla "Prensa na escola" na Fundación Ortegalia. A conferencia correu a cargo de Vanesa Trevín que encandilou aos nen@s coas súas explicacións. O profesorado de biblioteca quere agradecer a Vanesa e á Fundación Ortegalia a súa colaboración. Facede clic na imaxe para ver as fotos do evento. |
Olimpíada do saber: pregunta número 6 |
|
Primeiros ensaios dos Virulillos |
O grupo de teatro “OS VIRULILLOS”, colaboradores da Biblioteca Escolar, están ensaiando unha obra de teatro “O OUTONO”, para representar na festa do magosto que se vai celebrar no colexio o venres, día 13 de novembro.
Adela actúa no papel de mestra que ensina aos seus alumnos a recitar e escribir poesías. Adrián, Silvia, Álvaro, Cecilia, Ana Beatriz, Pablo, Lorena, Aitana e Marta son o resto de protagonistas. Margarita e Luli son as profesoras do equipo de biblioteca encargadas do grupo de teatro. |
Olimpíada do saber: pregunta número 9 |
|