Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
O GRAN LIBRETÓN |
Este pasado sábado foi o 23 de abril, o día do libro. Para celebralo no cole fixemos a actividade do Gran Libretón. Tiñamos que traer un libro que nos gustase para ler e, despois do recreo, dedicamos uns 20 minutos a lelo. Para iso, cada neno e nena elixiu un sitio do patio no que se sentira agusto para facelo. Podía ser só, acompañado, sentado, tumbado, etc. O tempo acompañounos e puidemos disfrutar da lectura como nunca. Aquí vos deixamos unhas imaxes. Nenas e nenos de Educación Infantil
Nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria
Nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º. |
O CAMIÑO DE SANTIAGO " O CAMIÑO DO MAR" E "A COMPOSTELA" |
Ola rapaces e rapazas! O mes pasado os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron dous murales sobre o camiño de Santiago. Traballaron e investigaron arreo sobre para poder sacar adiante estes traballos e ben bonito que lles quedou! Deixámosvos aquí unhas imaxes para que o observedes. "A COMPOSTELA" "CAMIÑO DO MAR" |
EXPOSICIÓN LIBROS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO |
Bo día! Hoxe traémosvos unha novidade que podedes atopar na biblioteca. Temos unha pequena exposición con libros sobre o proxecto do centro, O camiño de Santiago. Animámosvos a que vos acerquedes a velos e botárlles un ollo cando vaiedes a biblioteca. Hai algúns libros que seguro vos encantarán. Se queredes levar algún para a casa podedes facelo na sesión semanal na que baixades co voso titor/a á biblioteca para facer os empréstitos. Bo camiño!
|
O CAMIÑO DE SANTIAGO ( A VÍA DA PRATA E O CAMIÑO PRIMITIVO) |
Ola nenos e nenas! Este mes tocoulles expoñer o seu traballo aos nenos de 4º sobre o Camiño de Santiago. En 4º A estiveron traballando sobre a Vía da Prata e para explicalo de forma máis visual elaboraron este mural. Por outro lado, os nenos e nenas de 4º B traballaron e investigaron sobre o Camiño Primitivo. O resultado final é o mural que podedes ver a continuación:
Canto traballo e que fermoso lles quedou! O próximo mes amosámosvos o traballo de 3º! Seguide camiñando! |
O CAMIÑO DE SANTIAGO POR 6º EP |
Hoxe traemos o gran traballo que fixeron os nenos e nenas de 6º sobre o Camiño Protugués e A Orixe. Son dous camiños moi diferentes e con diversas etapas. Para coñecelos tiveron que buscar información sobre cada lugar polo que pasa. Deixámosvos un pequeno resumo do mural que elaboraron. Son uns artistas!
|
O BUZÓN DA AMIZADE |
Como xa sabedes, este mes de febreiro tivemos moitas festividades. Unha delas foi o 14 de febreiro, o día de San Valentín. Para celebralo desde o colexio fixemos a actividade, o "Buzón da amizade", que consistía en elaborar unha carta a un ou máis compañeiros/as para desexarlle un feliz día e dedicarlle unhas bonitas palabras sobre a amizade. TIVEMOS UN MONTÓN DE CARTAS! QUE ILUSIÓN NOS FIXO LELAS! Deixámosvos unhas fotos de recordo. |
2ª PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Ola rapaces e rapazas! Xa investigástedes sobre o Códice Calixtino? Recordade que cada semana teredes unha nova investigación que facer sobre o camiño de Santiago. Aquí vos deixamos a segunda pregunta das Olimpiadas do saber. Ánimo!
|
7º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Ola nenos e nenas! Comeza outra semana e xa imos pola sétima destas Olimpiadas do saber. Cada vez queda menos e o rato da biblioteca continúa a poñervos novos retos. Como levades a investigación sobre o camiño de Santiago? Estádesvos a convertir nuns auténticos profesionais nesta temática. Aquí vos deixamos a seguinte pregunta. |
HORARIO DA BIBLIOTECA PARA OS PRÉSTAMOS DE LIBROS |
Boa tarde nenos e nenas!A continuación deixamos o horario da biblioteca para os préstamos de libros. |
SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL |
Esta semana conmemoramos no noso centro o día da Diversidade Funcional.
Desde a biblioteca participamos nesta celebración e fixemos o recuncho "Nesta biblio encaixamos todos"
Neste recanto poderedes atopar un montón de libros sobre esta temática.
Ademáis podedes comprobar cómo len as persoas con dificultades visuais a través do sistema Braille.
Tamen atoparedes un pictograma da biblio e unha fotografía na que podedes ler biblioteca na linguaxe de signos.
|
17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FLORENCIO DELGADO |
Bo día rapazas e rapaces. Como xa sabes, este martes 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano está dedicado ao autor Florencio Delgado. Estas últimas semanas semanas estivéstedes traballando e coñecendo máis a vida e obra deste autor, xunto con todo o que fixo por reivindicar a nosa lingua en tempos que non eran nada doados. Aquí vos deixamos unha páxina web con diferentes actividade e xogos onde podedes coñecer un poquiño máis sobre Florencio Delgado. Seminario Galán. Días das Letras Galegas. Florencio Delgado Que teñades unha feliz ponte. QUE VIVA A NOSA LINGUA! |
ACTIVIDADE TOUPICIENCIA |
A semana pasado fixéronnos unha visita A xanela do Maxín para presentarnos o seu espectáculo "Toupiciencia" aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Ensináronnos un montón de experimentos dunha forma moi divertida. Que ben o pasado!
|
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 20222 |
ALUMNADO DE 5º E 6º
CEIP JOSE MARÍA LAGE
|
HAIKUS POLO DÍA DA POESÍA |
Ola nenos e nenas. Hoxe mostrámosvos un traballo que elaboraron os máis maiores do colexio para celebrar o día da poesía. Escoitástedes algunha vez a palabra "Haikus"? Soa raro, verdade? Pois os Haikus son breves poemas que teñen a súa orixe en Xapón. Mirade que bonitos lles quedaron! |
10º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Chegamos ao final destas Olimpiadas do saber sobre "O camiño de Santiago". O rato da biblioteca quere facervos unha última pregunta para que investigades durante esta semana. Unha vez que rematedes o caderniño das Olimpiadas, recordade traélo ao colexio. XA SODES UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO! PARABÉNS POR TODO O TRABALLO REALIZADO NESTAS SEMANAS. Aquí vos deixamos a última pregunta. |
VISITA DA XORNALISTA ANA F. CUBA |
O pasado martes 15 de marzo recibimos os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria a visita da xornalista de Ana F. Cuba. Previamente a esta visita e co motivo do 8M (Día da Muller) e da semana da "Muller na prensa", investigamos sobre a profesión de Ana e recollimos algúns artigos que foi publicando ao logo dos anos. Ana F. Cuba é unha xornalista que traballa no periódico de "La Voz de Galicia" e encárgase de facer artigos e recoller e contrastar información sobre noticias de Ortigueira e dos concellos do arredor. Na súa visita puidemos coñecer máis en profundidade en que consiste ser xornalista, que tivo que estudar, os pasos que segue para recoller a información, contrastala e logo redactala, etc. Aprendimos un montón de cousas novas e, ademais, tivemos a oportunidade de facerlle preguntas. Foi unha charla moi interesante e entretida. Deixámosvos algunhas fotos deste día. Gústannos moito estas visitas!! |
6º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Está a piques de comezar unha semana nova e, como sempre, o noso rato da biblioteca proponvos un novo reto. Preparados para seguir investigando? |
HOSPITAL DE LIBROS |
Ola nenos e nenas! Durante estes últimos días puidestedes ver na biblioteca esta caixiña que pon "Hospital de libros". Esta caixa é para colocar nela aqueles libros que atopedes na biblioteca e precisen ser arranxados para que non sigan desgastándose co uso. É moi importante coidalos para que teñamos moita variedade de libros e podamos seguir disfrutando deles. Contamos coa vosa axuda! |
8 DE MARZO DÍA DA MULLER |
Ola nenos e nenas! Como xa sabedes, hoxe día 8 de marzo, celebramos o día da muller. Sabemos que en cada aula estivéstedes traballando e aprendendo moito sobre mulleres que fixeron historia por todo o mundo. Desde a biblioteca propoñémosvos un xogo. Deixámosvos o seguinte genially onde vades poder atopar un pasapalabra moi divertido. Animádevos a facelo!
|
O CAMIÑO DE SANTIAGO (O CAMIÑO DO INVERNO) |
Hoxe traémosvos o mural que elaboraron os nenos e nenas de 3º de primaria sobre o camño do inverno. Fixeron un traballo estupendo e aprenderon moito deste camiño! Deixámosvos unhas fotos.
|
3º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
A semana pasada investigástedes sobre o que era a Compostelana. Desta vez, o ratiño quere facervos unha pregunta sobre os Km que teríamos que facer para obter a Compostelana.Moito ánimo!Seguimos camiñando! |
4º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Bo día rapaces e rapazas. Entramos na cuarta semana das Olimpiadas do Saber sobre o camiño de Santiago. Neste caso o ratiño da biblioteca quérevos facer a seguinte pregunta. Moito ánimo! Xa queda menos! |
5º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Comezamos nova semana e con ela o rato da biblioteca proponvos unha pregunta para seguir investigando sobre o camiño de Santiago. |
EXPOSICIÓN SOBRE "O CAMIÑO DO HUMOR" DE DAVILA |
Hoxe traémosvos unha exposición que fixo a profe Gloria de música sobre "O camiño do humor" de Davila na entrada do colexio. Non dubidedes en botarlle un ollo cando pasedes por alí. As diferentes culturas, linguas, persoas, etc. O camiño de Santiago está cheo de diversidade. Déixamosvos aquí a mostra. |
CAMIÑO DE SANTIAGO "DE SANTIAGO A FISTERRA E A MUXÍA" |
Xa temos aquí o último mural sobre o noso proxecto "O camiño de Santiago". Este camiño pode que sexa menos coñecido que outros, xa que moitos pensamos que a peregrinación remata en Santiago. Certo é que para moitas persoas a súa finalidade é chegar a esta cidade, á praza do Obradoiro fronte a catedral. Aínda así existe tamen unha prolongación xacobea que vai desde Santiago a Fisterra ou Muxía. Antigamente, moitos peregrinos continuaban camiñando ata aquí xa que era o lugar coñecido naquel momento como o "fin do mundo". Aquí podedes ver o traballo que fixeron os nenos e nenas de 1º de educación primaria.
Foi un gran traballo de investigación! Acercámonos un pouquiño máis a diferentes lugares de Galicia, observando tradicións, gastronomía, costumes, etc. E que o camiño de Santiago dá para moito! Seguimos camiñando xuntos! Bó camiño. |