Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Olimpíada do saber |
Hoxe toca responder esta incógnita: COMO SE CHAMA O GRUPO DE MÚSICA GALEGA CREADO O CURSO PASADO EN ORTIGUEIRA POR ALUMNOS QUE ESTABAN EN 6º DE PRIMARIA?
|
APERTURA DA BIBLIOTECA |
Bo día nenos e nenas! Hoxe, 24 de outubro é o día da bibliotecas escolares e con este motivo queremos anunciarvos que a partir de mañá abrimos a biblioteca do cole. Como xa sabedes, este ano o proxecto de centro é o Camiño de Santiago. Ao longo do curso traballaremos sobre este tema e afondaremos nalgúns dos camiños máis relevantes e empregados polos peregrinos. Nos próximos días anunciaremos os horarios de biblioteca no recreo así como os solicitados para o empréstito de libros. Lede, creade e imaxinade. Bo camiño! |
Olimpíada do saber |
Nova pregunta a responder atentos que aí vai: CAL É O NOME DO XOVEN DEBUXANTE DE CÓMICS DE COUZADOIRO?
|
Visita de Paco Nogueiras |
Hoxe as nenas e os nenos de Educación Infantil recibiron con gran sorpresa ao contacontos de Kalandraka Paco Nogueiras. O famoso contacontos realizou unha maxistral actuación tocando varios paus literarios: a poesía, a lectura de contos e a canción. Entre os contos que se escoitaron estaban:
Despois de máis dunha hora de actuación, Paco foi despedido cun gran aplauso de todas as nenas e nenos de infantil e mais do profesorado alí congregado. |
O CAMIÑO DE SANTIAGO ( A VÍA DA PRATA E O CAMIÑO PRIMITIVO) |
Ola nenos e nenas! Este mes tocoulles expoñer o seu traballo aos nenos de 4º sobre o Camiño de Santiago. En 4º A estiveron traballando sobre a Vía da Prata e para explicalo de forma máis visual elaboraron este mural. Por outro lado, os nenos e nenas de 4º B traballaron e investigaron sobre o Camiño Primitivo. O resultado final é o mural que podedes ver a continuación:
Canto traballo e que fermoso lles quedou! O próximo mes amosámosvos o traballo de 3º! Seguide camiñando! |
Apadrinamentos lectores | |
Olimpíada do saber: pregunta número 2 |
|
Olimpíada do saber: pregunta número 1 |
|
CADERNO LECTOR |
Este curso, como novidade, estamos a traballar co caderno lector. Por cada libro que leas, gañarás un selo do rato da biblioteca.
Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria, traballan con este modelo do caderno:
En 2º e 3º, traballan con este outro:
E para os maiores de 4º, 5º e 6º un pouquiño máis completo. |
Recursos na rede | |
HORARIO DA BIBLIOTECA PARA OS PRÉSTAMOS DE LIBROS |
Boa tarde nenos e nenas!A continuación deixamos o horario da biblioteca para os préstamos de libros. |
Primeiros ensaios dos Virulillos |
O grupo de teatro “OS VIRULILLOS”, colaboradores da Biblioteca Escolar, están ensaiando unha obra de teatro “O OUTONO”, para representar na festa do magosto que se vai celebrar no colexio o venres, día 13 de novembro.
Adela actúa no papel de mestra que ensina aos seus alumnos a recitar e escribir poesías. Adrián, Silvia, Álvaro, Cecilia, Ana Beatriz, Pablo, Lorena, Aitana e Marta son o resto de protagonistas. Margarita e Luli son as profesoras do equipo de biblioteca encargadas do grupo de teatro. |
A nosa biblioteca |
O noso centro conta cunha biblioteca PLAMBE, isto é que está inscrita no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Por iso, un grupo de profesoras e profesores apaixonad@s, traballan dende o ano 2012 para mellorar o servizo da biblioteca do centro. A nosa biblioteca conta cun mostrador e unha zona cunha pizarra dixital para o uso de todo o alumnado, dende infantil a primaria. Noutra das zonas da nosa biblioteca, o alumnado pode ler comodamente os seus libros preferidos. Os fans da banda deseñada están de sorte xa que a nosa biblioteca conta cun recanto destinado a este estilo. Para estar ao día das cousas que pasan no mundo e poder facer a súas investigacións, o alumnado conta con dous ordenadores de sobremesa.
|
Unidade Didáctica "A VÍA DA PRATA". |
Bo día nenos e nenas! Hai un par de semanas mostrábamos os murais que elaboraron os rapaces e rapazas de 4º sobre o traballo de investigación que fixeron do camiño de Santiago. Pois hoxe traémosvos a Unidade Didáctica que lles axudou á clase de 4ºA a adentrarse no camiño da Vía da Prata. Botádelle un ollo porque está xenial! Cantas cousas foron traballando ao longo destas semanas!
|
8 DE MARZO DÍA DA MULLER |
Ola nenos e nenas! Como xa sabedes, hoxe día 8 de marzo, celebramos o día da muller. Sabemos que en cada aula estivéstedes traballando e aprendendo moito sobre mulleres que fixeron historia por todo o mundo. Desde a biblioteca propoñémosvos un xogo. Deixámosvos o seguinte genially onde vades poder atopar un pasapalabra moi divertido. Animádevos a facelo!
|
4º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Bo día rapaces e rapazas. Entramos na cuarta semana das Olimpiadas do Saber sobre o camiño de Santiago. Neste caso o ratiño da biblioteca quérevos facer a seguinte pregunta. Moito ánimo! Xa queda menos! |
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO |
Hai un par de semanas celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro. Investigamos sobre a vida da autora, coñecimos obras súas e fixemos algunhas actividades como as que ides ver a continuación. Photocall Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasamos sendo Rosalía por un momento. MARCAPÁXINAS Tamén elaboramos uns marcapáxinas para recordar este día.
|
3º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
A semana pasada investigástedes sobre o que era a Compostelana. Desta vez, o ratiño quere facervos unha pregunta sobre os Km que teríamos que facer para obter a Compostelana.Moito ánimo!Seguimos camiñando! |
O CAMIÑO DE SANTIAGO (O CAMIÑO DO NORTE) |
Hoxe traémosvos o mural sobre o camiño de Santiago que elaboraron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria. Investigaron sobre o Camiño do Norte que comeza en Irún e remata, como todos eles, en Santiago de Compostela. Deixámosvos unha mostra sobre o seu traballo. |
O BUZÓN DA AMIZADE |
Como xa sabedes, este mes de febreiro tivemos moitas festividades. Unha delas foi o 14 de febreiro, o día de San Valentín. Para celebralo desde o colexio fixemos a actividade, o "Buzón da amizade", que consistía en elaborar unha carta a un ou máis compañeiros/as para desexarlle un feliz día e dedicarlle unhas bonitas palabras sobre a amizade. TIVEMOS UN MONTÓN DE CARTAS! QUE ILUSIÓN NOS FIXO LELAS! Deixámosvos unhas fotos de recordo. |
CONMEMORACIÓN DO 23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO |
ALUMNADO DE 5º A RECITANDO E SIGNANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO ALUMNADO DE 5º B RECITANDO E SIGNANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO ALUMNADO DE 6ºA RECITANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO ALUMNADO DE 6ºB RECITANDO POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO
|
MENSAXES PARA A PAZ |
O mes pasado celebramos o Día da Paz. Desde a biblioteca fixemos unha actividade chamada "Mensaxes para a Paz". Cada neno e nena tiña que escribir unha mensaxe de paz nunha pomba. As máis orixinais e bonitas foron premiadas. Concretamente, cada aula tivo un gañador. Ademais cada clase recibiu un diploma pola participación. A continuación deixamos as fotos e o nome dos gañadores. Noraboa a todos e moitas gracias pola participación! E.I. A. Gañador: Juan José Penin
E.I. B. Gañadora: Saray Vázquez
E.I. C Gañadora: Vega Galdo
E. I. D Gañadora: Natalia Losada
1º EP Gañadora: Lara Pedreira
2º EP Gañadora: Mía Bouza
3º EP. Gañador: Leo Durán
4º EP A Gañador: Fabián Martínez
4º EP B Gañadora: Kaila Armada
5º EP A Gañadora: Alba Prieto
6º EP A Gañador: Antonio Gayaso
6º EP B Gañador: Iván Otero
|
2ª PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Ola rapaces e rapazas! Xa investigástedes sobre o Códice Calixtino? Recordade que cada semana teredes unha nova investigación que facer sobre o camiño de Santiago. Aquí vos deixamos a segunda pregunta das Olimpiadas do saber. Ánimo! |
RECREOS NA BIBLIOTECA |
XA TEMOS ABERTA A BIBLIOTECA NO RECREO!Aquí vos deixamos o horario para poder acudir no recreo á biblioteca no 1º trimestre.Disfrutade dos contos e da biblioteca.Seguide lendo, creando e imaxinando.Bo camiño!
|
MURAL PARA O DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL |
Ola nenos e nenas! Na anterior entrada do blogue mostramos o recuncho que creamos na biblioteca para o dia da diversidade funcional. Despois de traballar a semana pasada sobre este tema, creamos un mural con distintas pezas de crebacabezas. Nestas pezas tiñamos que poñer palabras relacionadas co tema e co que traballáramos ao longo da semana. A que nos quedou un mural moi bonito? |