Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
PREPARANDO O TEATRO DE NADAL | |
OBRA DE NADAL | |
Olimpíada do saber |
Hoxe comezamos a Olimpíada do saber. Atentos á primeira pregunta: QUE MESTRA DESTE CENTRO É AUTORA DE VARIAS OBRAS, ENTRE ELAS "A PENA DAS CALANDRAS"?
|
Olimpiada do saber | |
Ortiarte |
ORTIARTE é unha exposición de todo o traballo no cole con respecto á temática establecida no Proxecto Documental Integrado que este ano era sobre a arte.
|
OLIMPIADA DO SABER |
PREGUNTA NÚMERO 5:
CÓMO DEBEMOS ESBIRRAR?
|
NOVIDADES NA BIBLIOTECA |
Ola rapaces! Neste estante poderedes ir vendo as novidades que imos adquirindo para a biblioteca do colexio. Botádelles un ollo que hai moitos contos que vos van encantar!
|
1ª PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Bo día rapaces e rapazas! Un ano máis damos inicio ás "Olimpiadas do saber". Como xa sabedes, o proxecto de centro é o Camiño de Santiago polo que, cada semana, o ratiño da biblioteca vos irá facendo unha pregunta sobre esta temática. No caderno que tedes, deberedes ir anotando a pregunta e, xusto debaixo, contestala. Moita sorte! Aquí tedes a 1ª pregunta. Seguide camiñando! |
MENSAXES PARA A PAZ |
O mes pasado celebramos o Día da Paz. Desde a biblioteca fixemos unha actividade chamada "Mensaxes para a Paz". Cada neno e nena tiña que escribir unha mensaxe de paz nunha pomba. As máis orixinais e bonitas foron premiadas. Concretamente, cada aula tivo un gañador. Ademais cada clase recibiu un diploma pola participación. A continuación deixamos as fotos e o nome dos gañadores. Noraboa a todos e moitas gracias pola participación! E.I. A. Gañador: Juan José Penin
E.I. B. Gañadora: Saray Vázquez
E.I. C Gañadora: Vega Galdo
E. I. D Gañadora: Natalia Losada
1º EP Gañadora: Lara Pedreira
2º EP Gañadora: Mía Bouza
3º EP. Gañador: Leo Durán
4º EP A Gañador: Fabián Martínez
4º EP B Gañadora: Kaila Armada
5º EP A Gañadora: Alba Prieto
6º EP A Gañador: Antonio Gayaso
6º EP B Gañador: Iván Otero
|
OBRADOIRO DE IGUALDADE 8 DE MARZO |
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primario fixeron esta semana un obradoiro sobre a igualdade. Para isto, traballaron cun caderno dos Bolechas titulado "Pola igualdade". A continuación deixámosvos fotos do taller. Que teñades unha boa fin de semana! Recordade que a próxima semana subiremos a seguinte pregunta das Olimpiadas do saber. |
CONTACONTOS PARA INFANTIL |
Estas últimas semanas estamos tendo un montón de actividades e visitas. A última foi o pasado xoves, 17 de marzo. Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. Nesta visita tiveron a oportunidade de familiarizarse coa lingua de signos. Ademáis contáronlles un contacontos que lles encantou. Deixamos a continuación unhas imaxes sobre este día. |
HAIKUS POLO DÍA DA POESÍA |
Ola nenos e nenas. Hoxe mostrámosvos un traballo que elaboraron os máis maiores do colexio para celebrar o día da poesía. Escoitástedes algunha vez a palabra "Haikus"? Soa raro, verdade? Pois os Haikus son breves poemas que teñen a súa orixe en Xapón. Mirade que bonitos lles quedaron! |
8º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Chegamos a última semana deste segundo trimestre e, con ela, o rato da biblioteca faivos a seguinte pregunta para o voso caderniño das "Olimpiadas do saber". Vémonos á volta de Semana Santa coas dúas últimas preguntas. Pasádeo moi ben! |
10º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Chegamos ao final destas Olimpiadas do saber sobre "O camiño de Santiago". O rato da biblioteca quere facervos unha última pregunta para que investigades durante esta semana. Unha vez que rematedes o caderniño das Olimpiadas, recordade traélo ao colexio. XA SODES UNS AUTÉNTICOS EXPERTOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO! PARABÉNS POR TODO O TRABALLO REALIZADO NESTAS SEMANAS. Aquí vos deixamos a última pregunta. |
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 20222 |
ALUMNADO DE 5º E 6º
CEIP JOSE MARÍA LAGE
|
CAMIÑO DE SANTIAGO "DE SANTIAGO A FISTERRA E A MUXÍA" |
Xa temos aquí o último mural sobre o noso proxecto "O camiño de Santiago". Este camiño pode que sexa menos coñecido que outros, xa que moitos pensamos que a peregrinación remata en Santiago. Certo é que para moitas persoas a súa finalidade é chegar a esta cidade, á praza do Obradoiro fronte a catedral. Aínda así existe tamen unha prolongación xacobea que vai desde Santiago a Fisterra ou Muxía. Antigamente, moitos peregrinos continuaban camiñando ata aquí xa que era o lugar coñecido naquel momento como o "fin do mundo". Aquí podedes ver o traballo que fixeron os nenos e nenas de 1º de educación primaria.
Foi un gran traballo de investigación! Acercámonos un pouquiño máis a diferentes lugares de Galicia, observando tradicións, gastronomía, costumes, etc. E que o camiño de Santiago dá para moito! Seguimos camiñando xuntos! Bó camiño. |
ESCRITURA CREATIVA |
Bo día! Estas dúas últimas semanas estivemos facendo un taller de escritura creativa na biblioteca o alumnado de educación primaria. Empregamos diferentes recursos e, entre eles, usamos o caderniño do Hematocrito. Que divertido é traballar a escritura desta maneira! Deixámosvos unhas imaxes destes días. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5