Formación de usuarios

Durante o verán, un libro na man

Xa chegou o verán e con el as merecidas vacacións. Con máis tempo para disfrutar dos nosos ocios preferidos, de seguido vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este verán.

 

Clasificados en diversas categorías, podedes atopar recomendacións para todas as idades e intereses.

 

Preme no PDF para ver as recomendacións.

 

Paco Nogueira

Recén saídas do forno, aquí vos deixamos algunhas das instantáneas que recollen a máxica sesión de contacontos vivida a semana pasada na biblioteca do colexio polas nenas e nenos de educación infantil. Esperámos que vos gusten!!!!!

 

 

Prensa na Escola

A semana pasada o alumnado de cuarto, quinto e sexto do colexio tiveron a oportunidade de asistir á charla "Prensa na escola" na Fundación Ortegalia. A conferencia correu a cargo de Vanesa Trevín que encandilou aos nen@s coas súas explicacións.

O profesorado de biblioteca quere agradecer a Vanesa e á Fundación Ortegalia a súa colaboración.

Facede clic na imaxe para ver as fotos do evento.

Semana da prensa

O vindeiro venres 18 de marzo, celebrarase na Fundación Ortegalia, unha charla informativa titulada "Semana da prensa na escola". A charla corre a cargo da concelleira de Patrimonio Vanesa Trevín. Poderán desfrutar do evento o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria. A actividade está xestionada por profesorado do equipo de biblioteca do centro. 

Participación no Día da Paz

O pasado venres, 29 de xaneiro, celebramos o Día da Paz na colexio. 

O grupo de dinamización da biblioteca presentou para todo o alumnado o Xogo da Amizade. Seguidamente recitaron Poemas Solidarios. Se premes na imaxe poderás ver as fotos do evento.

 

Nova actuación dos Virulillos

Pasadas as vacacións de nadal e despois dun merecido descanso, os Virulillos voltaron ao escenario. Nesta ocasión fixeron dobre sesión, unha en cada escola infantil onde representaron "El pastor y la estrella". Á primeira hora da mañá visitaron a Escola Infantil A galiña azul e máis tarde despois dun descansiño actuaron en Patucos. Se premedes AQUÍ poderedes ver a galeria de imaxes do evento.

Actuación dos Virulillos

A semana pasada, o grupo de teatro os Virulillos voltou ao escenario. Nesta ocasión, os agasallados foron os nenos e nenas das escola infantís do pobo: Galiña Azul e Patucos. Interpretaron a súa última obra de teatro "El pastor y la estrella". De seguido vos deixamos un momento da súa actuación.

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Formación para os colaboradores da biblioteca

Hoxe na hora do recreo, o alumnado colaborador da biblioteca realizou unha pequena sesión de formación, impartida polo profesorado do equipo de biblioteca. A primeira parte da sesión dedicouse a un concepto moi concreto: O VOLUNTARIADO. Tod@s el@s son voluntari@s xa que responderon activamente á chamada dunha organización (equipo de biblioteca) para a participación dun proxecto (proxecto Plambe), sen recibir remuneración económica e comprometéndose cunhas tarefas, funcións e uns horarios. Para aclarar estas cuestións, realizouse o visionado de dous vídeos sobre o tema que de seguido vos deixamos (PREME NO TEXTO):

ES TÚ MOMENTO. HAZTE VOLUNTARIO

 

TIPOS DE VOLUNTARIADO

 

 A segunda parte da sesión adicouse á formación sobre a xestión, coidado e utilización dos libros electrónicos da biblioteca. 

Os Virulillos visitan as garderías

O pasado venres, o grupo de teatro os Virulillos voltaron á escena coa súa recén estreada obra "O outono". Nesta ocasión foron os nenos e as nenas da garderías os agasallados coa súa presencia. A primeira sesión levouse a cabo na Escola A Galiña Azul onde foron recibidos polo nen@s e a súas mestras. Despois da actuación e dos aplausos do xoven públlico, camiñaron cara ó seguinte destino a gardería Patucos onde voltaron a representar a súa obra de teatro.

Se premedes AQUÍ poderedes ver máis imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet