Febreiro 2016

Semana da prensa

O vindeiro venres 18 de marzo, celebrarase na Fundación Ortegalia, unha charla informativa titulada "Semana da prensa na escola". A charla corre a cargo da concelleira de Patrimonio Vanesa Trevín. Poderán desfrutar do evento o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria. A actividade está xestionada por profesorado do equipo de biblioteca do centro. 

Participación no Día da Paz

O pasado venres, 29 de xaneiro, celebramos o Día da Paz na colexio. 

O grupo de dinamización da biblioteca presentou para todo o alumnado o Xogo da Amizade. Seguidamente recitaron Poemas Solidarios. Se premes na imaxe poderás ver as fotos do evento.

 

Powered by Drupal - Design by artinet