Maio 2022

CAMIÑO DE SANTIAGO "DE SANTIAGO A FISTERRA E A MUXÍA"

Xa temos aquí o último mural sobre o noso proxecto "O camiño de Santiago". 

Este camiño pode que sexa menos coñecido que outros, xa que moitos pensamos que a peregrinación remata en Santiago. Certo é que para moitas persoas a súa finalidade é chegar a esta cidade, á praza do Obradoiro fronte a catedral. 

Aínda así existe tamen unha prolongación xacobea que vai desde Santiago a Fisterra ou Muxía. Antigamente, moitos peregrinos continuaban camiñando ata aquí xa que era o lugar coñecido naquel momento como o "fin do mundo".

Aquí podedes ver o traballo que fixeron os nenos e nenas de 1º de educación primaria.

 

Foi un gran traballo de investigación! Acercámonos un pouquiño máis a diferentes lugares de Galicia, observando tradicións, gastronomía, costumes, etc. 

E que o camiño de Santiago dá para moito!

Seguimos camiñando xuntos!

Bó camiño.

O CAMIÑO DE SANTIAGO " O CAMIÑO DO MAR" E "A COMPOSTELA"

Ola rapaces e rapazas!

O mes pasado os nenos e nenas de Educación Infantil elaboraron dous murales sobre o camiño de Santiago. Traballaron e investigaron arreo sobre para poder sacar adiante estes traballos e ben bonito que lles quedou!

Deixámosvos aquí unhas imaxes para que o observedes.

"A COMPOSTELA"

"CAMIÑO DO MAR"

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FLORENCIO DELGADO

Bo día rapazas e rapaces.

Como xa sabes, este martes 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano está dedicado ao autor Florencio Delgado.

Estas últimas semanas semanas estivéstedes traballando e coñecendo máis a vida e obra deste autor, xunto con todo o que fixo por reivindicar a nosa lingua en tempos que non eran nada doados.

Aquí vos deixamos unha páxina web con diferentes actividade e xogos onde podedes coñecer un poquiño máis sobre Florencio Delgado.

Seminario Galán. Días das Letras Galegas. Florencio Delgado

Que teñades unha feliz ponte.

QUE VIVA A NOSA LINGUA!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 20222

 
ALUMNADO DE 5º E 6º 
CEIP JOSE MARÍA LAGE
 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DESDE A AULA DE P.T. E A.L.

Con motivo do día do libro desde as clases de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe elaboraron un mural cunha serie de recomendacións lectoras elaboradas polos propios nenos e nenas. 

Nas imaxes que vos deixamos a continuación podedes ver o bonito que quedou, así como algunha que outra mensaxe animando á lectura.

NON DEIXEDES DE LER! É A MELLOR FORMA DE SOÑAR!

 

Powered by Drupal - Design by artinet