Útiles

ESCRITURA CREATIVA

Bo día!

Estas dúas últimas semanas estivemos facendo un taller de escritura creativa na biblioteca o alumnado de educación primaria. 

Empregamos diferentes recursos e, entre eles, usamos o caderniño do Hematocrito. Que divertido é traballar a escritura desta maneira!

Deixámosvos unhas imaxes destes días.

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FLORENCIO DELGADO

Bo día rapazas e rapaces.

Como xa sabes, este martes 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas. Este ano está dedicado ao autor Florencio Delgado.

Estas últimas semanas semanas estivéstedes traballando e coñecendo máis a vida e obra deste autor, xunto con todo o que fixo por reivindicar a nosa lingua en tempos que non eran nada doados.

Aquí vos deixamos unha páxina web con diferentes actividade e xogos onde podedes coñecer un poquiño máis sobre Florencio Delgado.

Seminario Galán. Días das Letras Galegas. Florencio Delgado

Que teñades unha feliz ponte.

QUE VIVA A NOSA LINGUA!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DESDE A AULA DE P.T. E A.L.

Con motivo do día do libro desde as clases de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe elaboraron un mural cunha serie de recomendacións lectoras elaboradas polos propios nenos e nenas. 

Nas imaxes que vos deixamos a continuación podedes ver o bonito que quedou, así como algunha que outra mensaxe animando á lectura.

NON DEIXEDES DE LER! É A MELLOR FORMA DE SOÑAR!

 

ACTIVIDADE TOUPICIENCIA

A semana pasado fixéronnos unha visita A xanela do Maxín para presentarnos o seu espectáculo "Toupiciencia" aos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria.

Ensináronnos un montón de experimentos dunha forma moi divertida.

Que ben o pasado!

 

O GRAN LIBRETÓN

Este pasado sábado foi o 23 de abril, o día do libro. Para celebralo no cole fixemos a actividade do Gran Libretón. 

Tiñamos que traer un libro que nos gustase para ler e, despois do recreo, dedicamos uns 20 minutos a lelo. Para iso, cada neno e nena elixiu un sitio do patio no que se sentira agusto para facelo. Podía ser só, acompañado, sentado, tumbado, etc.

O tempo acompañounos e puidemos disfrutar da lectura como nunca.

Aquí vos deixamos unhas imaxes.

Nenas e nenos de Educación Infantil

 

Nenas e nenos de 1º e 2º de Educación Primaria

 

Nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º.

CARTOLIBROS DE 6º PRIMARIA

Hoxe traémosvos unha actividade que fixeron os nenos e nenas de 6º de primaria. Para celebrar o día do libro, elaboraron o seu propio.

Como o fixeron? En forma de cartolibro.

Nas seguintes imaxes podedes ver que se trata de libros moi reais, coa súa portada, imaxe do autor/a e a súa dedicatoria. Todos eles conteñen un montón de xogos de palabras que vos deixamos a continuación para que lles botedes un ollo.

A verdade é que quedaron moi orixinais!!

HAIKUS POLO DÍA DA POESÍA

Ola nenos e nenas.

Hoxe mostrámosvos un traballo que elaboraron os máis maiores do colexio para celebrar o día da poesía.

Escoitástedes algunha vez a palabra "Haikus"? Soa raro, verdade?

Pois os Haikus son breves poemas que teñen a súa orixe en Xapón.

Mirade que bonitos lles quedaron!

A MULLER NA PRENSA

Neste mes de marzo ten un papel moi importante a muller e, desde o cole, non queríamos deixar pasar a oportunidade de indagar e reflexionar máis sobre este tema. Desta maneira, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria buscamos artigos na prensa onde se falara das mulleres en diferentes ámbitos, dos seus logros, preocupacións, oficios, etc.

Aprendimos, debatimos e enriquecémonos moito con esta actividade.

A continuación dexámosvos o mural que elaboramos.

 

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Estas últimas semanas estamos tendo un montón de actividades e visitas.

A última foi o pasado xoves, 17 de marzo. Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. Nesta visita tiveron a oportunidade de familiarizarse coa lingua de signos. Ademáis contáronlles un contacontos que lles encantou.

Deixamos a continuación unhas imaxes sobre este día.

VISITA DA XORNALISTA ANA F. CUBA

 

O pasado martes 15 de marzo recibimos os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria a visita da xornalista de Ana F. Cuba.

Previamente a esta visita e co motivo do 8M (Día da Muller) e da semana da "Muller na prensa", investigamos sobre a profesión de Ana e recollimos algúns artigos que foi publicando ao logo dos anos.

Ana F. Cuba é unha xornalista que traballa no periódico de "La Voz de Galicia" e encárgase de facer artigos e recoller e contrastar información sobre noticias de Ortigueira e dos concellos do arredor.

Na súa visita puidemos coñecer máis en profundidade en que consiste ser xornalista, que tivo que estudar, os pasos que segue para recoller a información, contrastala e logo redactala, etc.

Aprendimos un montón de cousas novas e, ademais, tivemos a oportunidade de facerlle preguntas. Foi unha charla moi interesante e entretida.

Deixámosvos algunhas fotos deste día.

Gústannos moito estas visitas!!

Powered by Drupal - Design by artinet