Útiles

OBRADOIRO DE IGUALDADE 8 DE MARZO

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primario fixeron esta semana un obradoiro sobre a igualdade. Para isto, traballaron cun caderno dos Bolechas titulado "Pola igualdade".

A continuación deixámosvos fotos do taller.

Que teñades unha boa fin de semana!

Recordade que a próxima semana subiremos a seguinte pregunta das Olimpiadas do saber.

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Ola nenos e nenas!

Como xa sabedes, hoxe día 8 de marzo, celebramos o día da muller.

Sabemos que en cada aula estivéstedes traballando e aprendendo moito sobre mulleres que fixeron historia por todo o mundo.

Desde a biblioteca propoñémosvos un xogo. Deixámosvos o seguinte genially onde vades poder atopar un pasapalabra moi divertido.

Animádevos a facelo!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hai un par de semanas celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro. Investigamos sobre a vida da autora, coñecimos obras súas e fixemos algunhas actividades como as que ides ver a continuación.

Photocall

Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasamos sendo Rosalía por un momento.

MARCAPÁXINAS

Tamén elaboramos uns marcapáxinas para recordar este día.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O BUZÓN DA AMIZADE

Como xa sabedes, este mes de febreiro tivemos moitas festividades. Unha delas foi o 14 de febreiro, o día de San Valentín. Para celebralo desde o colexio fixemos a actividade, o "Buzón da amizade", que consistía en elaborar unha carta a un ou máis compañeiros/as para desexarlle un feliz día e dedicarlle unhas bonitas palabras sobre a amizade. 

TIVEMOS UN MONTÓN DE CARTAS! QUE ILUSIÓN NOS FIXO LELAS!

Deixámosvos unhas fotos de recordo.

MENSAXES PARA A PAZ

O mes pasado celebramos o Día da Paz. Desde a biblioteca fixemos unha actividade chamada "Mensaxes para a Paz". Cada neno e nena tiña que escribir unha mensaxe de paz nunha pomba. As máis orixinais e bonitas foron premiadas. Concretamente, cada aula tivo un gañador. Ademais cada clase recibiu un diploma pola participación.

A continuación deixamos as fotos e o nome dos gañadores.

Noraboa a todos e moitas gracias pola participación!

E.I. A. Gañador: Juan José Penin

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E.I. B. Gañadora: Saray Vázquez 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E.I. C Gañadora: Vega Galdo 

 

 

 

 

 

 

 

  

E. I. D Gañadora: Natalia Losada 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

1º EP Gañadora: Lara Pedreira 

 

2º EP Gañadora: Mía Bouza

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3º EP. Gañador: Leo Durán

 

 

 

 

 

 

 

 

 

4º EP A Gañador: Fabián Martínez

 

 

 

 

 

 

 

 

  

4º EP B Gañadora: Kaila Armada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

5º EP A Gañadora: Alba Prieto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

6º EP A Gañador: Antonio Gayaso

 

 

 

 

 

 

 

 

6º EP B Gañador: Iván Otero

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HOSPITAL DE LIBROS

Ola nenos e nenas!

Durante estes últimos días puidestedes ver na biblioteca esta caixiña que pon "Hospital de libros".

Esta caixa é para colocar nela aqueles libros que atopedes na biblioteca e precisen ser arranxados para que non sigan desgastándose co uso.

É moi importante coidalos para que teñamos moita variedade de libros e podamos seguir disfrutando deles.

Contamos coa vosa axuda!

MURAL PARA O DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Ola nenos e nenas!

Na anterior entrada do blogue mostramos o recuncho que creamos na biblioteca para o dia da diversidade funcional.

Despois de traballar a semana pasada sobre este tema, creamos un mural con distintas pezas de crebacabezas. Nestas pezas tiñamos que poñer palabras relacionadas co tema e co que traballáramos ao longo da semana.

A que nos quedou un mural moi bonito?

O MAGOSTO NA ESCOLA

Aquí vos deixamos un pequeno resume do libro que elaboramos para celebrar no cole o Magosto. 
 
 

CADERNO LECTOR

Este curso, como novidade, estamos a traballar co caderno lector. Por cada libro que leas, gañarás un selo do rato da biblioteca.

 

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria, traballan con este modelo do caderno:

 

En 2º e 3º, traballan con este outro:

 

 

E para os maiores de 4º, 5º e 6º un pouquiño máis completo.

Powered by Drupal - Design by artinet