Libros electrónicos

Novo recuncho de libros electrónicos

Dende fai unha semana contamos na biblioteca do colexio cun novo recuncho de lectura, ocupado por libros electrónicos. Os ebooks estarán dispoñibles para todo o alumnado de primaria do centro. Serán @s titores, o profesorado da biblioteca e o alumnado colaborador, os encargados de xestionar e organizar o seu uso nas diferentes situacións nas que se utilizarán. 

Se eres alumn@ de entre terceiro e sexto de primaria poderás utilizar os libros electrónicos na hora do recreo. Busca a un compañeir@ colaborador da biblioteca e pídelle un exemplar, eles explicaranche o seu uso e axudaranche no que necesites.

Contamos cunha gran variedade de volúmenes para todos os gustos. Nembargantes, estaremos encantad@s de escoitar as vosas propostas. 

 

Esperamos que os disfrutedes!!!!!!!!

Proxecto E-LBE: Os libros sen tinta

Dende o curso 2013-2014, a nosa biblioteca escolar conta coa posibilidade de ofertar libros electrónicos aos seus usuarios. Comezamos con tres e agora xa temos sete libros. Ao principio do proxecto E-LBE, os libros electrónicos permanecían nas titorías. Neste curso académico 2015-2016, o alumnado terá a posibilidade de utilizar os ebooks na propia biblioteca do centro en dúas situacións ben diferentes: na hora de biblioteca co seu titor ou só a partir de terceiro de primaria na hora do recreo.

Na nosa biblioteca Plambe os verdadeiros protagonistas son os alumn@s colaboradores. Como xa sabedes realizan tarefas propias de bibliotecari@s. Unha das súas funcións é a de xestionar o uso e estado dos libros electrónicos na hora do recreo. Estas son as súas funcións:

  1. Colocar os libros electrónicos por orden na mesa indicada.
  2. Na hora do recreo serán os encargad@s de xestionar os empréstitos dos libros electrónicos.
  3. Recordarán ao resto do alumnad@ que a lectura realizarase na zona de butacas.
  4. Unha vez rematada a lectura, supervisarán que cada dispositivo quede na súa funda.
  5. Por último, supervisarán o estado dos ebooks e avisarán ao profesorado competente no caso de ser necesario.

Seguide atentos e atentas a noso blogue para seguir as novidades en libros electrónicos!!!!!!!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet