Xaneiro 2022

HOSPITAL DE LIBROS

Ola nenos e nenas!

Durante estes últimos días puidestedes ver na biblioteca esta caixiña que pon "Hospital de libros".

Esta caixa é para colocar nela aqueles libros que atopedes na biblioteca e precisen ser arranxados para que non sigan desgastándose co uso.

É moi importante coidalos para que teñamos moita variedade de libros e podamos seguir disfrutando deles.

Contamos coa vosa axuda!

Unidade Didáctica "A VÍA DA PRATA".

Bo día nenos e nenas!

Hai un par de semanas mostrábamos os murais que elaboraron os rapaces e rapazas de 4º sobre o traballo de investigación que fixeron do camiño de Santiago.

Pois hoxe traémosvos a Unidade Didáctica que lles axudou á clase de 4ºA a adentrarse no camiño da Vía da Prata.

Botádelle un ollo porque está xenial! Cantas cousas foron traballando ao longo destas semanas!

 

EXPOSICIÓN LIBROS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

Bo día!

Hoxe traémosvos unha novidade que podedes atopar na biblioteca. Temos unha pequena exposición con libros sobre o proxecto do centro, O camiño de Santiago. 

Animámosvos a que vos acerquedes a velos e botárlles un ollo cando vaiedes a biblioteca. Hai algúns libros que seguro vos encantarán.

Se queredes levar algún para a casa podedes facelo na sesión semanal na que baixades co voso titor/a á biblioteca para facer os empréstitos.

Bo camiño!

 

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO ( A VÍA DA PRATA E O CAMIÑO PRIMITIVO)

Ola nenos e nenas!

Este mes tocoulles expoñer o seu traballo aos nenos de 4º sobre o Camiño de Santiago.

En 4º A estiveron traballando sobre a Vía da Prata e para explicalo de forma máis visual elaboraron este mural.

Por outro lado, os nenos e nenas de 4º B traballaron e investigaron sobre o Camiño Primitivo. O resultado final é o mural que podedes ver a continuación:

 

Canto traballo e que fermoso lles quedou!

O próximo mes amosámosvos o traballo de 3º!

Seguide camiñando!

RECREOS NA BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

 

FELIZ ANO NOVO!!

Xa estamos de volta. Esperamos que descansárades moito e collérades forzas para este 2º trimestre.

Para comezar este 2022 deixámosvos o horario para acudir á biblioteca nos recreos. 

Bo comezo de trimestre.

 

Powered by Drupal - Design by artinet