Formación de usuarios

Actuación dos Virulillos

A pasada semana o recén estreado grupo de teatro "Os virulillos" realizaron dous pases diferentes da súa obra "O outono". O primeiro pase foi interpretado para os nenos e nenas de educación infantil que aplaudiron con moitas gañas ao final da obra. 

Co gallo da celebración do magosto e do día do peón, o venres Os Virulillos voltaron a escena, desta vez ante un público de maior idade, os seus compañeiros de primaria, que celebraron con vítores a boa actuación deste xoven grupo de teatro. 

Primeiros ensaios dos Virulillos

O grupo de teatro “OS VIRULILLOS”, colaboradores da Biblioteca Escolar, están ensaiando unha obra de teatro “O OUTONO”, para representar na festa do magosto que se vai celebrar no colexio o venres, día 13 de novembro.

 

Adela actúa no papel de mestra que ensina aos seus alumnos a recitar e escribir poesías. Adrián, Silvia, Álvaro, Cecilia, Ana Beatriz, Pablo, Lorena, Aitana e Marta son o resto de protagonistas. Margarita e Luli son as profesoras do equipo de biblioteca encargadas do grupo de teatro.  

Powered by Drupal - Design by artinet