Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Finaliza a Olimpíada do saber 2016 |
A semana pasada finalizou a proposta de cuestións da Olimpíada do saber 2016. Todo o alumnado participante pode entregar o caderno coas respostas ata o vindeiro día 15 de abril (inclusive) na biblioteca do colexio. Despois desta data, abrirase un prazo para a revisión e corrección dos cadernos. Non o deixedes para o último día!!!!!!! |
karaoke |
Os nenos/as de dinamización da biblioteca, nos obsequiaron cun karaoke con moita MARCHA!!!!! |
Buscando nome ao noso proxecto |
Como todos saberedes este ano a nosa PDI (Proxecto Documental Integrado) tratará sobre as emocións. Neste punto do camiño estamos na procura dun título que bautice o noso proxecto. É por iso que na entrada do colexio o equipo de biblioteca colocou unha árbore sen follas, coa idea de que entre tod@s decidamos o nome do noso proxecto. Cada clase do centro aportou as súas ideas, así como todo o mundo que por alí pasou. En breves publicaremos por fin o nome da nosa PDI. |
Durante o verán, un libro na man |
Xa chegou o verán e con el as merecidas vacacións. Con máis tempo para disfrutar dos nosos ocios preferidos, de seguido vos deixamos unhas recomendacións lectoras para este verán.
Clasificados en diversas categorías, podedes atopar recomendacións para todas as idades e intereses.
Preme no PDF para ver as recomendacións.
|
XA ESTAMOS AQUÍ!!!!! |
Benvidos un curso máis ao blog da biblioteca. Este curso empezamos ao grande, mirade que porta máis bonita temos!!!!! |
Actuación dos Virulillos |
A pasada semana o recén estreado grupo de teatro "Os virulillos" realizaron dous pases diferentes da súa obra "O outono". O primeiro pase foi interpretado para os nenos e nenas de educación infantil que aplaudiron con moitas gañas ao final da obra. Co gallo da celebración do magosto e do día do peón, o venres Os Virulillos voltaron a escena, desta vez ante un público de maior idade, os seus compañeiros de primaria, que celebraron con vítores a boa actuación deste xoven grupo de teatro. |
MES DA CIENCIA | |
Puntos Lectores na Vila |
Como ben saberedes o equipo de biblioteca leva anos impulsando unha iniciativa superbonita que cada día ten máis adectos: Aquí tamén se lee. Dende fai máis de catro anos a Vila de Ortigueira conta con locais e establecementos comerciais que colaboran nesta iniciativa. A biblioteca do colexio aporta unha mochila de contos e o establecemento colaborador habilita un lugar no seu local para colocar un punto lector. Deste xeito, as nenas e os nenos poden ler un ratiño mentres as súas familias fan compras.
1. Perruquería Georgina 2. Perruquería Campos 3. Farmacia Sandomingo (Cantón) 4. Farmacia Mercedes Fraga (Salgueiro) 5. Óptica Ortigueira (Salgueiro) e dende agora: 6. Farmacia Leal (Penela) 7. Mobles Pérez Polo 8. Zapatería Goga (Estrada Xeral) Moitas grazas a todos pola súa colaboración!!!!!!! |
Actividades de Maio | |
Olimpíada do saber: pregunta número 4 |
|
O mes do amor | |
Día do Libro na Biblioteca Municipal |
Este ano o noso centro tivo a sorte e o honor de ser invitado á celebración do Día do Libro pola Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre. O pasado venres 22 de abril, cun día radiante, o alumnado do centro interpretou cancións, poesías e dramatizacións sobre a obra de Manuel María autor galego ao que se lle dedican as Letras Galegas. Preme na imaxe se queres ver as fotos do evento. |
OBRA DE NADAL | |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL
|
O gran libretoón | |
Olimpíada do saber: pregunta número 7 |
|
olimpíada |
A pregunta desta semana é: EN QUE ANO SE CONSTRUÍU E A QUE ESTILO ARQUITECTÓNICO PERTENECE O TEATRO DA BENEFICIENCIA? |
Actividades de Maio | |
Participación no Día da Paz | |
Charla "Prensa na escola" |
O vindeiro día 18 de marzo, ás 11:00 da mañá, celebrarase na Fundación Ortegalia a charla "Prensa na escola" destinada ao alumando de 4º, 5º e 6º de primaria. |
PREPARANDO O TEATRO DE NADAL | |
CONTACONTOS DE NADAL | |
Mercadiño de troco de libros | |
CELEBRAMOS O SAMAIN | |
Actuación dos Virulillos |
A semana pasada, o grupo de teatro os Virulillos voltou ao escenario. Nesta ocasión, os agasallados foron os nenos e nenas das escola infantís do pobo: Galiña Azul e Patucos. Interpretaron a súa última obra de teatro "El pastor y la estrella". De seguido vos deixamos un momento da súa actuación. |