Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
RECREOS NA BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE |
FELIZ ANO NOVO!! Xa estamos de volta. Esperamos que descansárades moito e collérades forzas para este 2º trimestre. Para comezar este 2022 deixámosvos o horario para acudir á biblioteca nos recreos. Bo comezo de trimestre.
|
1ª PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Bo día rapaces e rapazas! Un ano máis damos inicio ás "Olimpiadas do saber". Como xa sabedes, o proxecto de centro é o Camiño de Santiago polo que, cada semana, o ratiño da biblioteca vos irá facendo unha pregunta sobre esta temática. No caderno que tedes, deberedes ir anotando a pregunta e, xusto debaixo, contestala. Moita sorte! Aquí tedes a 1ª pregunta. Seguide camiñando! |
OBRADOIRO DE IGUALDADE 8 DE MARZO |
Os nenos e nenas de 1º e 2º de primario fixeron esta semana un obradoiro sobre a igualdade. Para isto, traballaron cun caderno dos Bolechas titulado "Pola igualdade". A continuación deixámosvos fotos do taller. Que teñades unha boa fin de semana! Recordade que a próxima semana subiremos a seguinte pregunta das Olimpiadas do saber. |
9º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Que tal as vacacións de Semana Santa? Xa estamos de volta e, polo tanto, seguimos coas nosas Olimpiadas do Saber sobre o camiño de Santiago. Só nos quedan dúas preguntas para rematar o caderniño. Desta vez o rato da biblioteca déixouvos a seguinte pregunta. |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN |
Estamos a piques de rematar este curso académico e non queríamos deixar pasar a ocasión para recomendarvos unha serie de libros que podedes ler nestas vacacións. Recordade que a lectura nos adentra en novos mundos (reais ou ficticios), nos entretén e nos fai pasar un bo rato. Disfrutade das vacacións máis que merecidas! |
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO |
Hai un par de semanas celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro. Investigamos sobre a vida da autora, coñecimos obras súas e fixemos algunhas actividades como as que ides ver a continuación. Photocall Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasamos sendo Rosalía por un momento. MARCAPÁXINAS Tamén elaboramos uns marcapáxinas para recordar este día.
|
8º PREGUNTA OLIMPIADAS DO SABER "O CAMIÑO DE SANTIAGO" |
Chegamos a última semana deste segundo trimestre e, con ela, o rato da biblioteca faivos a seguinte pregunta para o voso caderniño das "Olimpiadas do saber". Vémonos á volta de Semana Santa coas dúas últimas preguntas. Pasádeo moi ben! |
CONTACONTOS PARA INFANTIL |
Estas últimas semanas estamos tendo un montón de actividades e visitas. A última foi o pasado xoves, 17 de marzo. Os nenos e nenas de educación infantil recibiron a visita da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol. Nesta visita tiveron a oportunidade de familiarizarse coa lingua de signos. Ademáis contáronlles un contacontos que lles encantou. Deixamos a continuación unhas imaxes sobre este día. |
A MULLER NA PRENSA |
Neste mes de marzo ten un papel moi importante a muller e, desde o cole, non queríamos deixar pasar a oportunidade de indagar e reflexionar máis sobre este tema. Desta maneira, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria buscamos artigos na prensa onde se falara das mulleres en diferentes ámbitos, dos seus logros, preocupacións, oficios, etc. Aprendimos, debatimos e enriquecémonos moito con esta actividade. A continuación dexámosvos o mural que elaboramos.
|
GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA |
Como xa sabedes, o pasado mes de marzo, concretamente o día 21 foi o día da poesía. Para celebralo, unha das actividades propostas desde a biblioteca foi participar de forma voluntaria nun concurso de poemas. Repartiuse unha plantilla a aqueles nenos que quixeron participar. Os gañadores deste concurso tiveron a sorte de recibir un diploma, un marcapáxinas e un bolígrafo moi molón! Aquí vos deixamos as imaxes. Parabéns a todos e todas! |
MENSAXES PARA A PAZ |
O mes pasado celebramos o Día da Paz. Desde a biblioteca fixemos unha actividade chamada "Mensaxes para a Paz". Cada neno e nena tiña que escribir unha mensaxe de paz nunha pomba. As máis orixinais e bonitas foron premiadas. Concretamente, cada aula tivo un gañador. Ademais cada clase recibiu un diploma pola participación. A continuación deixamos as fotos e o nome dos gañadores. Noraboa a todos e moitas gracias pola participación! E.I. A. Gañador: Juan José Penin
E.I. B. Gañadora: Saray Vázquez
E.I. C Gañadora: Vega Galdo
E. I. D Gañadora: Natalia Losada
1º EP Gañadora: Lara Pedreira
2º EP Gañadora: Mía Bouza
3º EP. Gañador: Leo Durán
4º EP A Gañador: Fabián Martínez
4º EP B Gañadora: Kaila Armada
5º EP A Gañadora: Alba Prieto
6º EP A Gañador: Antonio Gayaso
6º EP B Gañador: Iván Otero
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DESDE A AULA DE P.T. E A.L. |
Con motivo do día do libro desde as clases de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe elaboraron un mural cunha serie de recomendacións lectoras elaboradas polos propios nenos e nenas. Nas imaxes que vos deixamos a continuación podedes ver o bonito que quedou, así como algunha que outra mensaxe animando á lectura. NON DEIXEDES DE LER! É A MELLOR FORMA DE SOÑAR!
|
10º OLIMPÍADA DO SABER |
Cuarta pregunta: Cal é o único xeoparque mundial da UNESCO que hai entre Galicia ata o momento?
Quinta pregunta: Por que é tantimportante xeolóxicamente o PXCO?
Sexta pregunta: Que 4 tipos de rochas destacan no PXCO? |
10º OLIMPÍADA DO SABER |
Xa estamos aquí de novo! Queredes perscudar sobre o Xeoparque Ortegal? Tes o teu caderno olímpico? Pois adiante coa investigación.
Pregunta 1: Que é un xeoparque mundial?
Pregunta 2: Que organismo outorga o distintivo de xeoparque mundial?
Recorda que todos os luns sairá unha nova pregunta. |
RECREOS NA BIBLIOTECA 3º TRIMESTRE |
Chegamos ao último trimestre deste curso escolar 2021/2022. Deixámosvos nas seguintes imaxes o horario no que poderedes acudir á biblioteca nos recreos. |
ESCRITURA CREATIVA |
Bo día! Estas dúas últimas semanas estivemos facendo un taller de escritura creativa na biblioteca o alumnado de educación primaria. Empregamos diferentes recursos e, entre eles, usamos o caderniño do Hematocrito. Que divertido é traballar a escritura desta maneira! Deixámosvos unhas imaxes destes días. |
10º OLIMPÍADA DO SABER |
Como cada luns, nova pregunta
Terceira pregunta: Cantos xeoparques mundiais da UNESCO hai en España? |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5