Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 |
PUBLICACIÓN RESOLUCIÓN BECAS NEAE PARA O CURSO 23-24
Publicada a resolución das axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2023-2024
Estas axudas pódeas solicitar o alumnado que presenta algunha das seguintes situacións, e asisten a algún gabinete externo ao colexio:
-discapacidade
-trastorno grave da conduta
-trastorno grave da comunicación e da linguaxe
-trastorno do espectro autista
-altas capacidades
Para obtela débense cumprir unha serie de requisitos económicos, valoran a renda anual de todos os membros computables da unidade familiar
1 persoa 11.937 euros 2 persoas 19.444 euros 3 persoas 25.534 euros 4 persoas 30.287 euros
5 persoas 34.370 euros 6 persoas 38.313 euros 7 persoas 42.041 euros 8 persoas 45.744 euros
O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 8 ata o 20 de setembro de 2023
Toda a información no seguinte enlace:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html
Para calquer dúbida á hora de cubrir as mesmas poden:
Ou chamar á unidade de atención ao cidadá 910837937
Observacións:
-Para que a escola poda realizar os trámites, o impreso de solicitude da bolsa ten que vir cuberta pola familia
-acompañada dos correspondentes documentos requiridos : DNI do alumno/a e demais membros da unidade familiar, informe médico actualizado,certificado de minusvalía se procede, informe do gabinete ao que asisten,...