VISITA Á FÁBRICA DE QUEIXOS "ARQUESÁN".

 

Alumnado de 4 anos Queixería Artesan Touro

 

O alumnado e mestras/es de Infantil de 4 anos visitarán mañá 6 maio de 2009, a fábrica de queixos "Arquesan", sita en Touro.

ARQUESAN é un aula didáctica que xa recibiu máis de 3000 escolares de toda Galiza. Conta cunha aula didáctica para explicar como se fai o queixo aos escolares e tamén aos turistas. Benigno Pereira é o encargado de explicar aos máis nenos como se fai este queixo coa denominación de orixe "Arzúa-Ulloa", a través dun conto que lles agasalla aos visitantes " O segredo do queixiño" e un manual onde xunto coa vivencia de fabricar e etiquetar o seu propio queixo acadan por coñecer algo do oficio de queixeiro/a.

Mestras/es e alumnos/as que fixeron esta visita voltaron moi contentos: "pintamos a nosa etiqueta para poñer no noso queixo...", " disfrazamonos de queixeiros...", "remexemos o leite..." " collemos a masa para facer o noso propio queixo que logo nos envían á nosa clase..." comemos un bocadillo de queixo que estaba moi bo..." Todas elas son frases habituais logo da visita.

LUGAR DA VISITA: ARQUESAN, en Touro, provincia da Coruña, pretiño de Santiago de Compostela.

Hora de Saída: 9:00 diante do colexio do Grupo. CON PUNTUALIDADE.

HORA DE VOLTA: 5:00 pm diante do colexio do Grupo.

acceso á galeria de imaxes