Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Chega o Samaín ó Grupo, a festa das cabazas e do aninovo Celta.
A semana do 25 ao 29 de outubro celebramos, por todo o alto, esta festa de orixe Celta. Mirade o que preparamos!
-
IV Exposición de cabazas do Samaín: xa imos pola cuarta edición deste certame que nesta ocasión amosa novidades. Tivestedes a fin de semana para idear e concretar a creación, desde o martes 26 ao xoves 28 recibimos as obras que se presentaban. Quedando expostas na entrada e corredores dos dous edificios.
-
O xoves 28 fíxose, pola tarde, o gran acendido de cabazas do Samaín a partires das 19.30; a continuación a proxección multimedia do fermoso conto de OQO " A figueira de PelosTortos". E finalmente o momento estelar coa actuación dos alumnos de 5º de Primaria onde bailaron nun cemiterio moi creativo e arrepiante no patio exterior do colexio, ao son da música de Thriller de Michael Jackson.
Logo do conto recibimos a visita de Pelostortos, que susto levamos!!
Agardamos que fora do voso agrado e que o pasarades moi ben!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
menu novembro.pdf | 187.34 KB |
»