Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Os de Sexto visitamos a illa de Sálvora
O alumnado de 2º nivel de 3º ciclo de Primaria do Grupo vistou a Illa de Sálvora.
Ás 9:30 saímos do porto de Ribeira rumbo a Sálvora, a viaxe a bordo do Fly Boat durou apenas 30 minutos ata o embarcadero da illa.
Ao chegar recibíronnos os gardas do Parque Nacional para lembrarnos as normas básicas durante a estancia. Fixemos dous grupos para visitarmos diferentes puntos da Illa: o Faro e o paso onde afundiu o Santa Isabel, o Pazo, a Capela, a Serea, a Fonte, fauna e flora da illa e finalmente a aldea. Ao rematar tiñamos tanta calor que algúns probaron a auga.
»