O pasado luns 17 de outubro fomos co noso alumnado de 4º, 5º e 6º á Coruña, á sede da Real Academia Galega, para recoller o premio do Concurso Contádenos o voso Día das Letras Galegas 2022, convocado pola institución a cargo do proxecto “Primavera das Letras”, onde demostraron o ben que bailan coa “DANZA DOS MACHETES”. Fixérono xenial!
Aproveitando a viaxe visitamos pola tarde o Aquarium Finisterrae, onde aprendimos moitos aspectos relacionados sobre a bioloxía mariña, a oceanografía e o mar en xeral, ata vimos como alimentaban ás focas! Foi un día inesquecible!
A continuación podedes ver as fotos premendo na imaxe.