O pasado venres, presentaron no noso cole a segunda edición do programa Mariña Ambiental, actividade organizada pola Universidade da Coruña (UDC), no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa.
Ademáis, realizáronse diferentes actividades relacionadas coa xestión dos residuos seguindo os principios de prevención, recollida separada, compostaxe e reciclaxe, entre elas: cálculo da pegada ecolóxica da xeración de residuos, Eco-auditoría de residuos (cantidades, composición e recollida separada) e limpezas da Praia dos Xuncos.