Skip to Content

Novas

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-25

Adxuntamos a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2024-25.

 

Biblio: Consulta catálogo

Sabedes que podedes consultar todo o catálogo da nosa biblioteca sen movervos da casa?

Só tedes que facer clic AQUÍ e teredes na vosa man todos os libros que hai.

Ah!, e se hai algún libro que non vedes só tedes que pedilo e tentaremos incorporalo aos nosos fondos.

PROGRAMA 18. TAS OU NON TAS. PRESENTACIÓN NOVO EQUIPO.

PROGRAMA 17. TAR OU NON TAR.

PROGRAMA TAS OU NON TAS. O USO DA NOSA LINGUA.

EXCURSIÓN GRANXA-ESCOLA "RÍA DEL EO" 1º E 2º DE EP

No mes de maio o alumnado de 1º e 2º de EP visitaron a Granxa-Escola "Ría del Eo", en Castropol. 

Participaron en varios obradoiros (elaboración de candeas, cociñaron pan) e visitaron os animais da granxa e as hortas. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

PARABÉNS!

Rematou o curso e os nosos alumnos e e alumnas de 6º de Primaria marchan para o instituto.

Foron 9 anos nos que os vimos crecer e agardamos que o seu paso polo CEIP Fondo Nois, lles fixera crear as bases que lles permitan ter unha boa aprendizaxe.

Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa que comezades e nunca esquezades que sempre levaremos un anaquiño de vós nos nosos corazóns.

PARABÉNS!

BATUCADA

O alumnado de 5º e 6º presentan o proxecto que prepararon durante o curso.

Con todos vostedes... a BATUCADA do Fondo Nois.

Preme na imaxe para velo.

BATUCADA

BOLETÍN DE CUALIFICACIÓNS.

Segundo a normativa vixente, a avaliación nos centros educativos realizarase unha vez rematado o período escolar dos alumnos e alumnas e estes non poderán recoller o seu boletín de cualificacións. Por isto, só se entregarán boletíns ás familias que así o soliciten ao titor correspondente durante esta semana e a data de recollida será o vindeiro día 26 de 12:00 a 13:00 horas. Tal e como se viña facendo ata o momento, as cualificacións serán publicadas no ABALAR ese mesmo día 26.

 

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut