Skip to Content

Novas

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 1.

Dende a biblioteca presentamos o noso novo programa “TAS OU NON TAS”, onde exemplificamos a nosa forma de falar na Mariña.

A continuación deixámosvos o primeiro capítulo, agardamos que vos guste!

VISITA DA APALPADORA,

Hoxe, grazas á colaboración da ANPA. recibimos a visita da Apalpadora, acompañada do seu irmán músico André. Viñeron dende a Serra do Caurel a contarnos como é a vida na alta montaña e as súas marabillosas lendas, a través de cancións súper divertidas.

Pasámolo xenial!

 (Preme na imaxe para ver máis fotos)

PREMIOS "II CONCURSO NENOS E MAIORES"

O pasado sábado 27 de novembro tivo lugar a entrega de premios do "II Concurso Nenos e Maiores" organizado polo centro de día "Aloumiños" e o Servizo de Axuda no Fogar "Aloufogar", onde foron agasallados tres dos nosos alumn@s de 6° E.P.

- Raúl Vázquez Varela; 2° premio na Categoría Especial. 

- Antón Rubal Quiroga; 3° premio na Categoría Individual (Relato). 

- Iria Cortegaza García; premio excepcional á orixinalidade. 

PARABÉNS!!!! 

PIRAGÜISMO POLO MIÑO.

O alumnado de 6° E.P. participou en Lugo nas xornadas de aproximación ao piragüismo a bordo dunha embarcación dragón polo río Miño a cargo do Programa Xogade. 

Este programa ten como finalidade achegar o deporte e fomentar os hábitos de vida saudables  a centos de estudantes de toda a provincia.

Aquí deixamos unhas fotiños! 

COMEZO DO CURSO 21-22

O novo curso escolar 21-22 dará comezo o xoves 9 de setembro no horario habitual. Polo tanto, a entrada será ás 9:30 da mañá dende o primeiro día.

ORGANIZACIÓN DE ENTRADAS E SAÍDAS:

  • Alumnado de Educación Infantil: pola porta principal.
  • Alumnado de Educación Primaria: pola segunda cancela.

 

 

Percorrido histórico-xeográfico Nois-Cangas. Alumnos 6º EP

Este xoves, 10 de xuño, o alumnado de 6º de EP participou nun percorrido dende o colexio ata a Igrexa de Cangas de Foz. A ruta foi realizada a pé.

Observaron a beleza das praias e acantilados da zona, apreciando o desgaste do mar sobre a nosa costa.

Ademais atravesaron a desembocadura do río Alemparte contemplando o efecto da erosión da auga.

Na igrexa de Cangas observaron as características da construción deste edificio. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Percorrido histórico-xeográfico Nois-Fazouro. Alumnos 6º EP

O xoves, 3 de xuño, o alumnado de 6º de EP participou nun percorrido histórico-xeográfico, dende o colexio ata a desenvocadura do río Ouro, en Fazouro. 

Realizamos esta ruta a pé, e durante a mesma os/as alumnos/as aprenderon características do entorno próximo ao centro tanto de tipo xeográfico como histórico:

  • Praias máis importantes (As Pólas, As Policas, Arealonga, Pampillosa..)
  • A igrexa de San Xulián de Nois.
  • O porto de Nois.
  • O castro de Fazouro.
  • A desenvocadura do río Ouro.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Saída á praia das Pólas

O pasado venres, 28 de maio, o alumnado de 1º e 2º de EP realizaron unha saída á praia das Pólas. Os nenos e nenas aproveitaron o entorno para xogar e para repasar contidos traballados nas ciencias. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

Saída á praia.

O pasado 11 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída á Praia dos Xuncos, e así realizar unha xornada de convivencia dentro do grupo-clase, gozar da natureza e aproveitar o bo tempo. Pasámolo xenial!

Prema na imaxe para ver as fotos.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut