Xa vos contamos o outro día que hai unha semana contamos e representamos o conto de carapuchiña vermella co alumnado de primeiro e segundo, pois ben, esta semana uniuse á actividade o terceiro curso eseguimos traballando sobre este mesmo conto. Despois de contar algunha versión máis do conto, recibimos por sorpresa unha carta... do lobo! Nela o lobo contaba a súa verdadeira versión do conto, totalmente diferente á versión que adoitamos escoitar por aí. Levamos unha boa sorpresa!