Os cursos de primeiro e segundo visitaron o pasado xoves a biblioteca para escoitar un conto clásico: Carapuchiña vermella. Os mestres contaron a historia, e o alumnado axudou lembrando moitas das súas partes xa que é un conto moi coñecido.
A sorpresa chegou cando se lle propuxo ao alumnado que fosen protagosnistas do conto. Había disfraces preparados: de avoa, de lobo, de cazador, e como non, de carapuchiña.
Se facedes click na foto seguinte podedes acceder ao album de fotos e ver o ben que o pasamos.