Preto do Samaín, nos recreos de mediodía fixemos uns obradoiros para preparar a decoración para o comedor do cole e darle un aire terrorífico. O alumnado pasouno en grande e foi moi participativo, igual que as familias involucradas.
Dentro dos patios dinámicos, seguiremos traballando para dar alternativas de lecer.
O pasado 10 de setembro realizamos unha saída á praia dos Xuncos, dando a benvida ao novo curso escolar e así gozar do bo tempo e da natureza. Pasámolo moi ben!