O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz. Para dar comezo, dous alumnos de Primaria leron un manifesto para a Paz. A continuación, todo o alumnado, profesorado e persoal do centro participamos nunha coreografía elaborada por Alba, a nosa mestra de Música, da canción "A mi me gusta la vida" de Funambulista.
O pasado 21 de xuño puidemos gozar dun estupendo festival de fin de curso ideado e organizado polo noso mestre de Música, Manuel. As alumnas e alumnosdeleitáronos coas súas actuacións nas que demostraron o gran talento artístico que teñen. Parabéns!
O noso alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria sorprendeunos cunha impresionante coreografía para conmemorar o Día da Paz, feita cunha peza de Amelie! Coas súas ganas de aprender e traballar en equipo, esforzáronse duramente para crear unha coreografía chea de paz e diversión. Dámoslle as grazas pola súa dedicación e esforzo! Parabéns polo gran traballo!
Que gran traballo o do alumnado do noso centro! Todas as coreografías e as mensaxes incluídas nelas, foron creadas unicamente por eles. Estamos incriblemente orgullosos da súa creatividade e dedicación!
Os movementos e as letras das cancións son o reflexo do seu esforzo e traballo en equipo. Cada un deles contribuíu coas súas ideas e traballou duro para conseguir un resultado impresionante.
Parabéns! Esperamos ver máis do vos talento no futuro!
No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 5º e 6ª de Primaria interpretando a canción popular africana "KOKOLEOCO", na que empregan xilófonos, metalófonos, carillones e a percusión corporal.
Na clase de 5º de ed. infantil (4 anos) estivemos recoñecendo instrumentos que non temos no colexio en fotografías. Para iso, un matamoscas fixo que a actividade fose moito máis emocionante "cazando" os instrumentos cando escoitaban o seu nome.
Nove nenos e nenas do noso coro escolar estiveron en Ourense para traballar co afamado director Josu Elberdin no certame Ourencanto.
Non podemos estar máis contentos co traballo desenvolvido a fin de semana. Sen dúbida foi duro e intenso, pero pagou a pena tanto esforzo.
Agradecemento especial ás familias que se desplazaron a Ourense para que os pequenos cantores puidesen vivir esa xenial experiencia xunto a outros 450 escolares.
Pronto estarán dispoñibles os vídeos que enlazaremos dende esta mesma páxina.