Skip to Content

blogue de música

Música: Instrumentos musicais en infantil

Na clase de 5º de ed. infantil (4 anos) estivemos recoñecendo instrumentos que non temos no colexio en fotografías. Para iso, un matamoscas fixo que a actividade fose moito máis emocionante "cazando" os instrumentos cando escoitaban o seu nome.

Música: Vídeo do Ourencanto

Xa dispoñible en Youtube o vídeo do conto musical "Tiempo" no que participou unha representación do noso coro. Parabéns ás persoas participantes, unha pasada!

Música: Un coro de Babel

 

O xornal "El Progreso" deu boa conta na contraportada da súa sección da Mariña da actividade do noso coro co gallo do concerto que o coro ofreceu na Residencia de Maiores de Burela o pasado martes.

Música: Representación do coro no Ourencanto

Nove nenos e nenas do noso coro escolar estiveron en Ourense para traballar co afamado director Josu Elberdin no certame Ourencanto.

Non podemos estar máis contentos co traballo desenvolvido a fin de semana. Sen dúbida foi duro e intenso, pero pagou a pena tanto esforzo.

Agradecemento especial ás familias que se desplazaron a Ourense para que os pequenos cantores puidesen vivir esa xenial experiencia xunto a outros 450 escolares.

Pronto estarán dispoñibles os vídeos que enlazaremos dende esta mesma páxina.

Coro: Representación do coro infantil no certame Ourencanto

Música: Festival de Nadal

 

O vindeiro venres 21 de decembro ás 15:30, farase no colexio o festival de Nadal ao que estades convidadas todas as familias. A orde das actuacións será a seguinte:

 

Extraescolares: O coro prepara as vindeiras actuacións de Nadal

O coro do colexio segue a traballar dous días á semana para ofrecer un repertorio totalmente renovado este ano.

Antes de desvelar as primeiras datas de actuacións este ano, deixámosvos aquí unhas fotos cantando en xaponés a canción "Akai Hana".

Música: Novas obras do coro escolar

O coro do colexio conta con novas voces este ano e xa está a preparar o novo repertorio. Coma sempre, os 3 € mensuais que aporta cada membro do coro úsanse para mercar o vestiario e as partituras. Nas fotos podedes ver a nosa máis recente adquisición: a obra "Compañeira" harmonizada por Julio Domínguez, un dos mellores compositores e directores de coro a nivel nacional.

Música: O coro cos maiores de Foz

O coro do colexio fixo este pasado venres, 30 de maio a súa derradeira actuación do curso. Os 21 membros do coro foron ata Foz a visitar o centro de día Aloumiños e a residencia de anciáns. Unha experiencia motivante e enriquecedora para os nenos e nenas pero tamén para os maiores.

O xoves celebramos a fin de curso cunha pequena festa no colexio.

Ata o ano que vén!

Música: O coro en Vilalba

O coro do colexio trasladouse a Vilalba para dar un concerto co gallo do 50 aniversario do CEIP Mato Vizoso da capital chairega.

O alumnado fixo tres pases: Un longo para o alumnado de 4º, 5º e 6º no que interpretou case todo o repertorio co que conta, un curto para o alumnado de infantil e un último para o alumnado de 1º, 2º e 3º. Ao rematar os pequenos cantantes recibiron un agasallo e un diploma por parte do centro vilalbés.

Unha representación do coro tamén subiu ás clases para que lles fixesen unha entrevista para o xornal do colexio.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut