Non é a primeira vez (nin será a última) que falamos na clase dos musicogramas, unhas representacións gráficas que nos permiten seguir a audición dunha obra musical dun xeito moito máis sinxelo. Cada cor representa unha parte da canción.
Na clase de sexto estivemos traballando sobre os grandes compositores da historia. Para este primeiro achegamento fixemos unha posta en común sobre os nosos coñecementos previos sobre o tema e, dos nove compositores que sabiamos escollemos tres para facer os nosos traballos: Beethoven, W.A. Mozart e J. S. Bach.