Musicogramas
Non é a primeira vez (nin será a última) que falamos na clase dos musicogramas, unhas representacións gráficas que nos permiten seguir a audición dunha obra musical dun xeito moito máis sinxelo. Cada cor representa unha parte da canción.
Aquí tedes o musicograma da obra "Danza do sabre" do compositor Aram Khachaturian e na seguinte ligazón tedes un video onde podedes escoitar a obra e seguila no musicograma. Abride as orellas!
- blogue de música
- APIs de Blogue
- Imprimir