Skip to Content

Música

Música: Festival de Nadal

 

O vindeiro venres 21 de decembro ás 15:30, farase no colexio o festival de Nadal ao que estades convidadas todas as familias. A orde das actuacións será a seguinte:

 

Música: Novas obras do coro escolar

O coro do colexio conta con novas voces este ano e xa está a preparar o novo repertorio. Coma sempre, os 3 € mensuais que aporta cada membro do coro úsanse para mercar o vestiario e as partituras. Nas fotos podedes ver a nosa máis recente adquisición: a obra "Compañeira" harmonizada por Julio Domínguez, un dos mellores compositores e directores de coro a nivel nacional.

Días Especiais: Festival Letras Galegas.

O pasado 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas.

Na sesión da tarde, todos os alumnos e alumnas do colexio participaron de diversas formas:

-   Interpretación de obras de teatro.

-   Cancións e bailes acompañados de instrumentos.

-   Actuación do Coro do noso colexio.

Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

Música: O coro cos maiores de Foz

O coro do colexio fixo este pasado venres, 30 de maio a súa derradeira actuación do curso. Os 21 membros do coro foron ata Foz a visitar o centro de día Aloumiños e a residencia de anciáns. Unha experiencia motivante e enriquecedora para os nenos e nenas pero tamén para os maiores.

O xoves celebramos a fin de curso cunha pequena festa no colexio.

Ata o ano que vén!

Música: O coro en Vilalba

O coro do colexio trasladouse a Vilalba para dar un concerto co gallo do 50 aniversario do CEIP Mato Vizoso da capital chairega.

O alumnado fixo tres pases: Un longo para o alumnado de 4º, 5º e 6º no que interpretou case todo o repertorio co que conta, un curto para o alumnado de infantil e un último para o alumnado de 1º, 2º e 3º. Ao rematar os pequenos cantantes recibiron un agasallo e un diploma por parte do centro vilalbés.

Unha representación do coro tamén subiu ás clases para que lles fixesen unha entrevista para o xornal do colexio.

Música: O coro na prensa

O xornal "El Progreso" fíxose eco o pasado día 18 do proxecto do noso coro escolar. Deixámovos aquí a nova.

Coro

Comp: Visita da Escola Municipal de Música de Burela

O venres 6 de abril o noso colexio recibiu a visita dalgúns membros da Escola Municipal de Música de Burela. Estes amosáronnos parte dos instrumentos que utilizan e ofrecéronnos unha mostra do traballo que realizan. Ademais, fixeron aos alumnos e alumnas partícipes da sesión (probando a tocar instrumentos, facendo preguntas...). Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

Música: Novo instrumento na aula

Recibimos no colexio un novo instrumento que complementa aos outros que xa temos na aula de música. Trátase nin máis nin menos que dunha batería.

Na foto podedes ver aos nenos e nenas de catro anos que se atreveron a probala.

Comp.: Festa de Nadal

O día 21 de decembro celebramos no colexio o Festival de Nadal. Podedes ver as fotos premendo na imaxe de abaixo.

 

Música: Nova actividade de coro

Este ano decidimos crear o Coro do CEIP Fondo Nois. O director é Iván, o noso mestre de música, e o pequeno grupo que empezamos co coro estamos ensaiando moi duro despois do comedor todos os luns e xoves.

Escollemos un repertorio bastante divertido e estamos agardando a telo moi ensaiado para amosarvos os nosos avances. Moito nos tarda...

Deixámosvos cunha ligazón a un vídeo dunha das cancións que estamos a preparar...

 

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut