Skip to Content

Percorrido histórico-xeográfico Nois-Cangas. Alumnos 6º EP

Este xoves, 10 de xuño, o alumnado de 6º de EP participou nun percorrido dende o colexio ata a Igrexa de Cangas de Foz. A ruta foi realizada a pé.

Observaron a beleza das praias e acantilados da zona, apreciando o desgaste do mar sobre a nosa costa.

Ademais atravesaron a desembocadura do río Alemparte contemplando o efecto da erosión da auga.

Na igrexa de Cangas observaron as características da construción deste edificio. 

Podedes ver as fotos premendo na imaxe.



blog | by Dr. Radut