Despois das obras, por fin podemos voltar á biblioteca nos recreos, retomando o noso proxecto "Estamos rodeados". Todos os xoves teremos unha sesión de cine, na que se proxectarán os capítulos da serie de animación "Diminutos". Anímate a vir!
Hoxe tivemos a grata visita da filla do apalpador, Antía Vázquez, acompañada do músico André Espiñeira, para deleitarnos cun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturaron cantigas, lendas e dinámicas.
Esta actividade está organizada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.
O pasado venres 10 de novembro, celebramos o MAGOSTO no noso centro, levando a cabo diferentes obradoiros relacionados co outono e a degustación das castañas.
O pasado luns, 6 de novembro, o alumnado de Primaria participaron nunha interesante charla sobre a recollida selectiva de orgánicos na nosa bisbarra, dentro da campaña Que non che entre o pánico co orgánico, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariiña Luguesa.
O pasado martes 31 de outubro, celebramos o "SAMAÍN" no noso cole con aterradores disfraces, diferentes xogos rítmicos e bailes espeluznantes. Pasamólo terroríficamente ben!
Preto do Samaín, nos recreos de mediodía fixemos uns obradoiros para preparar a decoración para o comedor do cole e darle un aire terrorífico. O alumnado pasouno en grande e foi moi participativo, igual que as familias involucradas.
Dentro dos patios dinámicos, seguiremos traballando para dar alternativas de lecer.