O venres 28 de outubro celebramos no colexio o Samaín e o Magosto.
O alumnado e o persoal do centro viñemos caracterizados de personaxes terroríficas, propias do Samaín.
Ademais, degustamos castañas asadas e participamos en diferentes xogos (nos que se utilizaron castañas).
Foi un día moi divertido e especial. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.
A continuación deixamos unha guía coas normas de cada xogo e un mural realizado polos nenos e nenas que quedou terroríficamente chulísimo.