Skip to Content

Novas

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

Fai click para ver a convocatoria:

Libros de Texto (@LibrosTexto) | Twitter

AVISO: Listaxe definitiva admisión alumnado

Comunicámoslles que TODAS  as solicitudes presentadas en prazo para o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2022/23 figuran en estado ADMITIDAS.

O prazo de formalización de matrícula estará aberto do 20 ao 30 de xuño.

LETRAS GALEGAS 2022. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

As Letras Galegas deste ano 2022 van dedicadas á figura e á obra de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras 1903 – California 1987).

A continuación deixamos varios enlaces con información de súa vida e obra.

Queredes xogar con Coguleo, a nosa mascota da biblio? Animádevos!

 

II EDICIÓN "AO AIRE LIBRO"

Deixámosvos as fotos da actividade "AO AIRE LIBRO", realizada o pasado luns na conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 2022.

XII CERTAME "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

Oito alumnas/os do noso centro quedaron como finalistas no XII CERTAME "DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI". Parabéns e moita sorte!

 

DÍA DO LIBRO. (4º EDUCACIÓN INFANTIL)

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil celebramos o DÍA DO LIBRO traballando co fantástico conto sobre as emocións, "O MONSTRO DE CORES".

  (Preme na imaxe para ver o vídeo)

OBRADOIRO "Nosos Ilustres instrumentos".

Onte o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria participou no divertido obradoiro de música tradicional e ilustración,"Nosos Ilustres instrumentos", parte do programa Ilustrarnós organizado pola Deputación de Lugo. Dito obradoiro correu a cargo da ilustradora Laura Romero e do músico Juan A. Álvarez.

(PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS(

OURENCANTO

Durante esta fin de semana, parte do noso alumnado participou en OURENCANTO, no Auditorio Municipal de Ourense.

HÁBITO LECTOR (Educación Infantil e 1º de Primaria)

Dende a biblioteca seguemos fomentando tamén o hábito lector no ciclo de Educación Infantil e en 1º de Educación Primaria realizando diversas actividades relacionadas con contos infantís: Soños de neve, Guapa, Xogamos ás mans?, Os oficios de Xan, Lola e as 21 vacas, O día de Elmer, A Mochila invisible, Raios de Sol, O Paraugas de Cebra, Antón o rato, O Segredo de Flora, Tomás O Bromista, Caracol e Caracola, Un becho estraño…

Preme na imaxe

 

Programa "TAS OU NON TAS" 4.

O alumnado de 6º de Primaria continúa a traballar na recuperación da nosa fala, convidándonos a ver o capítulo 4 deste entretido programa.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut