O alumnado de 3º e 4º de EP realizaron unha saída o pasado 9 de xuño.
A primeira parada fixérona no Fonmiñá, no concello de Meira. Alí pararon a descansar e tomar un aperitivo, desfrutando da fabulosa natureza desa contorna.
Logo dirixíronse ata o Castro de Viladonga, onde realizaron unha actividade de recollida de información no Museo e despois percorreron o Casto a pé.
Por último, visitaron a Adea das Formigas de San Clodio. Alí comeron e realizaron o percorrido da Aldea. Tamén deron de comer ás vacas na granxa.
Podedes ver as fotos premendo na imaxe.