O noso alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria sorprendeunos cunha impresionante coreografía para conmemorar o Día da Paz, feita cunha peza de Amelie! Coas súas ganas de aprender e traballar en equipo, esforzáronse duramente para crear unha coreografía chea de paz e diversión. Dámoslle as grazas pola súa dedicación e esforzo! Parabéns polo gran traballo!
Que gran traballo o do alumnado do noso centro! Todas as coreografías e as mensaxes incluídas nelas, foron creadas unicamente por eles. Estamos incriblemente orgullosos da súa creatividade e dedicación!
Os movementos e as letras das cancións son o reflexo do seu esforzo e traballo en equipo. Cada un deles contribuíu coas súas ideas e traballou duro para conseguir un resultado impresionante.
Parabéns! Esperamos ver máis do vos talento no futuro!
Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil do CEIP FONDO NOIS protagonizaron o proxecto das BRUXAS, podes facer click nas letras e o vídeo e imaxinar o ben que o pasaron!!
Onte, os alumnos de 2º, 3º e 4º de Primaria recibiron na biblioteca a actividade ECO-AUDITORÍA DA AUGA NA CASA E NO CENTRO, impartida por Martina e Manuel da Universidade da Coruña, na que reflexionamos sobre o consumo de auga e o seu derrame e coñecimos diferentes formas para reducilo a través dunha experiencia práctica nos lavabos do centro.
Esta actividade está organizada pola Universidade da Coruña, no marco do Proxecto Educando para a Sustentabilidade e patrocinada pola Fundación Alcoa dentro do proxecto "Mariña Ambiental".
O pasado 22 de decembro, para rematar o primeiro trimestre e comezar as vacacións de Nadal, realizamos diferentes actividades especiais: recibimos a visita de Papa Noel, participamos en diferentes obradoiros de construción de xogos, celebramos as badaladas de Fin de Ano, entregáronse os diplomas e medallas do Xacobeo Mariñán ao nenos e nenas que remataron as rutas e disfrutamos dunha gran variedade de actuacións protagonizadas polo alumnado.
A continuación deixámosvos varios visionados das mesmas.
Con motivo destas festas o Centro ten preparadas varias actividades especiais para este xoves 22 DE DECEMBRO: obradoiros de construción de xogos, visita de Papa Noel, badaladas de despedida do ano... Por todo isto, o alumnado poderán vir vestidos con algo especial (elegantes, cun algún motivo navideño, etc.)
Agradecemos a vosa colaboración, un saúdo e FELICES FESTAS.