O venres festexamos o Entroido. Foi un día moi especial onde nos disfrazamos, bailamos, comemos doces destas festas... Aquí podedes ver imaxes de como foi ese día.
Estimadas familias: Os vindeiro luns 7 de novembro ás 16:30 terá lugar no colexio unha charla informativa sobre o uso saudable das TRICS dirixida aos responsables do alumnado.
Xa temos gañadores do certame de debuxo convocado polo CIM Terras de Iria! O tema foi a eliminación da violencia contra as mulleres e os debuxos eran todos moi chulos, así que foi difícil decidir....
Este ano queremos felicitarvos o Nadal con esta panxoliña cantada e interpretada por alumnos e os profes do colexio. Esperamos que vos guste e FELICES FESTAS!!!
O 3 de decembro é o Día da Discapacidade. Desde o noso centro estivemos vendo diferentes formas de comunicación e plasmámolo a través da realización de pictogramas e elaborando un vídeo baseándonos nun conto da biblioteca sobre certos hábitos que debemos seguir. Para ver o vídeo, clica na imaxe de abaixo.