Skip to Content

Novas

Presentación dos proxectos

O martes 28 de maio ás 15,45 estivemos presentando os proxectos do centro onde  vimos vídeos que podedes ver na páxina web do colexio, etc.

 

 

Plan de acollida en educación infantil

O xoves 21 de maio estiveron no noso colexio dúas alumnas do centro adscrito Arretén que virán a cursar 1º de primaria. Deste xeito coñeceron ao seus futuros compañeir@s e as instalacións do colexio. Tiveron un gran recibimento!!!

Danza de paus

O 16 de maio o alumnado do centro e os profes realizamos unha danza de paus. Mirade que coordinacion!!!

 

Visita ao Eroski

O 13 de maio o alumnado de 3 e 5 anos foi ao supermercado Eroski para coñecer os produtos que se venden, onde están colocados, adiviñar alimentos, probalos...

Regueifeiros no Flavia e do Flavia

O 13 de marzo o alumnado de 6º tivo un obradoiro de regueifas. Despois,  todo o alumnado tivemos a oportunidade de escoitar aos regueifeiros profesionais e aos regueifeiros "amateur" do noso centro (que traballaron anteriormente no obradoiro). Aquí tendes o vídeo.

 

A TVG retransmite dende o Ceip Flavia

O mércores 8 de maio a TVG acode ao Ceip Flavia para gravar planos recursos do noso centro educativo e entrevistar a unha psicóloga. Podedes velo a continuación a partir do minuto 10 do vídeo aproximadamente.

 Clicade seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-160-4107540 

 

Visita á exposición de bicicletas no Convento do Carme

O 25 de abril o alumnado de 3º a 6º de Primaria tivo a oportunidade de asistir a unha exposición de bicicletas no Convento do Carme en Padrón.

A exposición de "mulleres" do Ceip Flavia aparece publicado no xornal

Como ben sabedes os cadros elaborados polo alumnado do Ceip Flavia están expostos ata o 5 de abril. O xornal La Voz de Galicia publica esta noticia o martes 2 de abril. Aquí o tendes. Clica enriba da imaxe e accederás á noticia.

Exposición coa temática «mulleres»

Existen cambios nas datas da exposición de cadros. A inauguración será o 1 de abril á s 12'00 no Centro Social de Padrón e estará ata o 5 de abril.

 

8 marzo: Día Internacional da muller

Distribuir contido


by Dr. Radut