O 14 de novembro os alumn@s de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 2º de Primaria fomos xornalistas por un día no Hostal dos Reis Católicos en Santiago. Iamos coa nosa acreditación e todo!!! Debaixo hai catro arquivos adxuntos para ver imaxes.
O venres 9 de novembro os alumnos/as de 1º da ESO do Instituto Camilo José Cela viñeron a contarnos un conto aos nenos/as de Infantil. Foi moi entretido!!!
O xoves 8 de novembro os alumnos/as IES Camilo José Cela en Padrón viñeron a informarnos sobre unha campaña de recollida de alimentos que se desenvolverá ao longo do curso, para aquelas familias que queiran colaborar de xeito voluntario. A Fundación Amigos de Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro, será a encargada de repartir estes alimentos entre as persoas e/ou familias que máis o necesitan. Durante este mes de novembro os alimentos que se recollerán serán GALLETAS e CACAO.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00/15:00 horas do martes día 6.11.2018 e prolongarase ata as 00:00 horas do día 7.11.2018.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
O vindeiro venres 7 de setembro ás 11,00 da mañá, celebrarase unha reunión informativa para as familias do novo alumnado de 3 anos que comeza Educación Infantil. Prégase, se é posible, que acudan sen os nenos/as.
Xa saíu a Orde do 9 de maio de 2018 (DOG, 21 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Estade atentos ás datas:
Presentación das solicitudes: do 23 de maio ata o 22 de xuño do 2018
Ver toda a información no documento que se adxunta.