O alumnado de 1º e 2º elaborou tres xogos con material de refugallo que coa colaboración da mestra de Educación Física foron levados aos máis pequechos do cole.
O pasado xoves día 23 de febreiro celebramos no noso colexio a tradicional festa de Entroido.
Despois de ir quentando motores durante a semana, facendo caso das consignas do Meco, o xoves viñemos disfrazados de casa cada un/unha como quixo.
Empezamos a festa degustando todo tipo de postres típicos destas festas, aportados polas familias dos nenos/as e despois baixamos ó patio grande para bailar.
aquí vos deixamos unha presentación de fotos dese día para que vexades o ben que o pasamos:
O pasado xoves día 9 de febreiro, os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria, fixemos unha pequena, pero moi divertida, saída ó Auditorio de Padrón.
O 30 de xaneiro se celebra o Día escolar da Non Violencia e a Paz.
No Ceip Flavia, como todos os anos, nos sumamos a esta celebración.
Como xa ven sendo tradición ultimamente, decoramos a nosa pirámide con diversas mans:
O luns 30 de xaneiro saímos todos os nenos e nenas do colexio ó Salón de Pasos Perdidos para cantar unha bonita canción de Migallas que nos ensinou Nuria, a profe de música. O estribillo da canción o cantamos coa nosa voz e coas nosas mans, para que as persoas con xordeira tamén nos entendan:
Aquí vos deixamos o video da canción para que a poidades disfrutar: