Este curso estamos tentando que os nenos/as de todo o centro participen activamente na INTEGRACIÓN de todas as persoas que forman parte da sociedade, independientemente das súas características persoais . Por este motivo levamos a cabo actividades que iremos vendo. Como adianto deste traballo, dirémosvos que achegámonos un pouquiño á aprendizaxe da lingua de signos, lingua que empregan moitas persoas xordas. Como mostra desta aprendizaxe aquí vos amosamos unha panxoliña en lingua de signos interpretada por nenos/as de infantil e primaria, así como o profesorado do centro. ¡¡¡Xa veredes canto aprendemos!!
Clica nesta televisión e mira atentamente o vídeo
"