O vindeiro mércores 20 de Novembro acudiremos ao centro en pixama para conmemorar os dereitos de todos os nenos e nenas a medrar en familia e visibilizar e concienciar sobre o acollemento familiar.
O CEIP Flavia levará a cabo este ano un Programa de Promoción de Igualdade tramitado en colaboración coa ANPA.
Na imaxe podedes ver o horario dos primeiros obradoiros que se realizarán a cargo do equipo da psicóloga Belén Montesa co alumnado e as familias de 5º e 6º de Educación Primaria.
O día 22 de decembro estivemos celebrando o Nadal con ledas panxoliñas, comendo as uvas ao son das badaladas, e chocolate con churros... unha festa por todo o alto!!!