Descripción tarefa: O obxetivo da UD é a de iniciar aos alumnos de 6º de primaria na práctica dunha actividade que integra na súa parte formal tres elementos: formación de figuras ou pirámides corporais, habilidades ximnásticas de chan como elementos de enlace entre unha figura e outra. Como complemento o ritmo que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.
Na súa parte didáctica e pedagóxica, a súa práctica favorece a creatividade, cooperación, autosuperación, autoestima, expresividade, motricidade e a sociabilidade.
Xustificación:
O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios intégranse tres elementos fundamentais:
-Formación de figuras ou pirámides corporais
-Habilidades ximnásticas de chan como elementos de ligazón entre unha figura e outra. Música que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.
Podemos tamén definilo como un deporte de cooperación, onde existe a presenza de compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.