Skip to Content

Unidade didáctica: acrosport 6º primaria

Descripción tarefa: O obxetivo da UD é a de iniciar aos alumnos de 6º de primaria na práctica dunha actividade que integra na súa parte formal tres elementos: formación de figuras ou pirámides corporais, habilidades ximnásticas de chan como elementos de enlace entre unha figura e outra.  Como complemento o ritmo que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.

Na súa parte didáctica e pedagóxica, a súa práctica favorece a creatividade, cooperación, autosuperación,  autoestima, expresividade, motricidade e a sociabilidade.

Xustificación:

O ACROSPORT é un deporte acrobático-coreográfico, xa que nos seus exercicios intégranse tres elementos fundamentais:

-Formación de figuras ou pirámides corporais

-Habilidades ximnásticas de chan como elementos de ligazón entre unha figura e outra. Música que apoia ao compoñente coreográfico de combinación dos elementos anteriores.

Podemos tamén definilo como un deporte de cooperación, onde existe a presenza de compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espazo estable para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.

Tamén ten como propósito de conseguir que os nosos alumnos descubran novas formas de entender a materia de Educación Física, tendo como base actividades  novas, que encaixen  no currículo de E. Física e co obxectivo de favorecer a cooperación entre os nosos alumnos/as, fomentando o traballo en equipo, asumindo as diferenzas de nivel e a realización de distintas funcións dentro do grupo.

 

AdxuntoTamaño
UDI Acrosport fin.pdf607.3 KB


page | by Dr. Radut