O alumnado estivo creando historias que dan moito pero que moito medo. O blogue de Normalización Lingüística quere compartilas con todos vós. Podes velas clicando no icono a continuación.
O Blogue de Dinamización da Lingua Galega está dispoñible para todos vós. Xa tedes o enlace desde a nosa web do centro. Animádevos a visitala!!!
Para celebrar o Día das Letras Galegas, nas aulas estivemos imprimindo en camisetas debuxos coas portadas dos libros de María Victoria Moreno, a homenaxeada deste ano. Aquí tedes unha mostra do noso traballo
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
A Biblioteca Escolar do Flavia recolle o testigo e organiza actividades e unha exposición para difundir a ciencia nas escolas.
O alumnado de 1º e 2º elaboraron tres xogos con material de refugallo que logo compartiron cos máis pequechos do cole da man da mestra de Educación Física.
Comezamos hoxe a semana das Letras Galegas, e nada mellor que un contacontos para inciar o festexo. Hoxe contamos con Celso, que nos conta historias de aquí, do noso e da nosa xente, con el unha hora de gargalladas, de música e contos.
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Este ano adicado o turismo sostible, nada mellor que planificar unha viaxe a marte, a algún planeta imaxinario. Aquí vos deixamos a idea dun traxe espacial elaborado con material de refugallo. Grazas Adrián.